A FGF sancionou a 2 xogadores da Milagrosa polos incidentes ante o Taboada
Os distintos comités territoriais de competición dependentes da Federación Galega de Fútbol veñen de facer públicas as sancións correspondentes á xornada do 14 e 15 de xaneiro de 2011. Tamén foron xulgados os incidentes do Taboada - Milagrosa, da decimosétima xornada da Primeira Autonómica.
Nesta categoría foron sancionados 11 xogadores de 8 equipos. Os castigos máis sobresaíntes recaeron sobre Álvaro Vázquez e Rubén Álvarez, da Milagrosa, que foron sancionados con 3 e 4 encontros por agredir a outro sen causar lesión, estando oxogo detido. A Álvaro Vázquez foille reducida a sanción por existir provocación acreditada antes de producirse os feitos. Tamén foi sancionado con 2 encontros Maikel López, do Lemos. Consulta o pdf coas sancións aquí.
En Segunda Autonómica non poderán disputar a xornada 18 xogadores, todos de clubs do grupo sur. Os equipos máis mermados serán o Escairón, con 4 xogadores sancionados e o Muralla e o Guntín, con 3. Friol e Becerreá non poderán contar con dous futbolistas nesta fin de semana. O pdf coas sancións aquí.
En Terceira Autonómica perderanse a xornada 21 xogadores, 10 do grupo norte e 11 do sur. Xurxo, da UD Lugo, Rosendo, do Mondoñedo, Rubén Darío, do Luís Pimentel e Mariano Cortiñas, do S. Lázaro por “agredir a outro sen causar lesión, estando o xogo detido”. Miguel, do Catro Roldas, perderase os 2 seguintes encontros por “producirse de xeito violento con ocasión do xogo, sen consecuencias dañosas ou lesivas”. As sancións aquí.
