Charlas Online, Entrevistas
As nosas desculpas
Futbollucense.com quere pedir desculpas polo erro cometido na análise do que deu de si a xornada 19 no campionato da Terceira Autonómica norte.
Nesa análise sinalábase o seguinte:
“O Momán deu a sorpresa ó empatar a 1 tanto ante o líder San Ciprián. Os verdes adiantáronse no marcador e fixeron un encontro moi serio, pero finalmente, os mariñáns lograron a igualada”.
Dende futbollucense.com asumimos o noso erro ó sinalar que se adiantou o Momán no marcador, cando realmente quen comezou poñendose por diante foi o San Ciprián.
Queremos pedir disculpas a todos aqueles polo noso erro no traballo e que vos puidestes sentir ofendidos polo publicado. Somos conscientes de que este non vai ser o noso último fallo, pero, en todo caso, a nosa política non é outra que a de asumir que nos equivocamos e tentar aprender dos erros para futuras ocasións.
Queremos aproveitar a ocasión tamén para agradecer a todos aqueles que cada día confiades en nós para informarvos do que acontece no fútbol da provincia. Os datos que manexamos dende a nosa creación son cada día máis esperanzadores, aumentando tódolos meses en arredor de mil o número devisitas respecto ao mes anterior. Ademais, tanto o noso twitter @futbol_lucense como a nosa páxina de facebook futbollucensecom teñen cada día máis usuarios interactuando e compartindo a actualidade dos seus equipos.
Por último, queremos agradecervos tamén a colaboración que mostrades a inmensa maioría de clubs e persoas relacionadas co fútbol da provincia á hora de corrixirnos os erros e axudarnos con futuros proxectos do portal web. Neste sentido, proximamente teredes dispoñible unha versión beta do xogo de xestión de equipos que estamos desenrolando cos xogadores do fútbol provincial dos que os seus equipos nos mandaron os datos.
Aproveitamos a ocasión para recordarvos que se futbollucense.com non se puxo en contacto con algún equipo da provincia para formar parte neste xogo, podedes enviarnos un mail a Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla para que nos poñamos en contacto con vós e así poidades participar nel.
