sábado , 21 octubre 2017
Vilalbés vs CD Lugo

Lugo B e Vilalbés, carreira á Nacional

 

O CD Lugo B e o Rácing Vilalbés están no seu momento máis doce da tempada. Non coñecen a derrota dende o mes de setembro e os albivermellos comparten co Ural, neste momento, o segundo posto que outorga o ascenso á Liga Nacional, categoría de prata do fútbol xuvenil.

Pola súa banda, os chairegos están tan só dous puntos por debaixo, na cuarta posición e sendo un dos equipos máis en forma da categoría.

Ademais, este sábado recibirán dous equipos da zona baixa, o Ordes visitará o Roca, mentres que o Lugo B ten a visita do Galicia de Caranza un duelo de filiais, polo que será unha boa oportunidade para alongar a boa xeira de ambos os dous equipos lucenses e seguir inmersos no soño do ascenso á Liga Nacional xuvenil.

Check Also

Xornada frenética e clave na Liga Galega xuvenil

 No grupo Sur o Calasancio pode proclamarse campión e no Norte Lugo B e Vilalbés …