Sábado , 22 Julio 2017
Alberto Lamas “Make”
Alberto Lamas “Make”. Imaxe: lapreferente.com

Make deixa o Vilalbés rumbo á SD Compostela

 

O RC Vilalbés segue traballando na confección do plantel de cara a vindeira tempada, nestas últimas horas confirmouse a marcha dun dos xogadores de maior proxección do noso fútbol, “Make” fai as maletas para defender as cores dun dos históricos do fútbol Galego, a SD Compostela.

Alberto Lamas “Make”,  mediocentro de 25 anos era un dos referentes do Rácing Vilalbés, co que xogou as últimas seis tempadas, despois de abandonar as categorías inferiores do Lugo no 2010. Co conxunto de Vilalba, o curso pasado disputou 36 encontros como titular, perdéndose tan só un por acumulación de cartóns, mentres que saíu de suplente no último choque de Liga contra o Arousa, cando o equipo xa non se xogaba nada. Neses 37 partidos xogados anotou seis goles.

Check Also

Fiz Rodríguez durante un encontro

A Preferente xa ten calendario

  About Latest Posts José Manuel Lorenzo Latest posts by José Manuel Lorenzo (see all) …