sábado , 21 octubre 2017
Matela vs Catro Roldas
Pedro (Matela) presiona a Marcos (Catro Roldas)

Marcos castiga ó Cazás

 
3 Cazás: Kolo, Miguel, Ángel, Iván, Chuchi, Efrén, Bruno, Palito, Moncho, Juan e Oki. Tamén xogaron Jose, Chechu e Marcos. 5 Catro Roldas: Manuel, Diego Roca, Esteban, Mario, Hugo, Julio, Diego Bello, Óscar García, Marcos, Álex Gacio e Andrés. Iván e Adrián González.

g1-0 (min. 12) Iván. 1-1 (min. 13) Álex Gacio. 1-2 (min. 20) Marcos. 1-3 (min. 25) Marcos. 1-4 (min. 29) Efrén (PP). 2-4 (min. 48) Iván. 2-5 (min. 50) Marcos. 3-5 (min. 78) Efrén (P).

rCazás: Efrén (3) Iván (2) Juan (1) Catro Roldas: Marcos (3) Álex Gacio (2) Diego Bello (1)

O CazásCatro Roldas estivo moi condicionado polo terreo de xogo e deixou oito tantos, Marcos foi o protagonista do choque ó asinar un hat-trick.

O conxunto local ía adiantarse no marcador grazas ó gol de Iván pero nun abrir e cerrar de ollos esta vantaxe era neutralizada polo Catro Roldas co gol de Álex Gacio. Nove minutos necesito o Catro Roldas para deixar o encontro case que liquidado, entre o minuto vinte e o vinte e nove os visitantes anotaron tres tantos. Marcos por partida dobre e Efrén en propia porta selaron a gran efectividade do Catro Roldas neste encontro.

A volta de vestiarios o Cazás recortou diferenzas cun novo gol de Iván pero unha vez máis pouco durou a alegría local, Marcos anotou o 2-5 e deixou moi tocado ós locais que aínda así seguiron buscando o gol que os metera de novo no encontro, ía logralo Efrén dende o punto de penalti cando restaban pouco máis de dez minutos, pero xa era demasiado tarde o Catro Roldas resistiu os últimos intentos locais e conseguiu levar tres puntos importantísimos na loita por meterse nos postos de play-off.

O Catro Roldas recibe a vindeira xornada ó Ourol e o Cazás visita ó Codesido.

 

Check Also

Donato adestrador

¡Ano novo, adestrador novo!

  About Latest Posts José Manuel Lorenzo Latest posts by José Manuel Lorenzo (see all) …