sábado , 21 octubre 2017
Xermade vs Foz 14/15
Lance do Xermade vs Foz

Máxima efectividade do Foz en Xermade

 
0Xermade: Picallo, Lucho, Pedro, Xavi Pellón, Borja, Toni, Esteban, Junior, Nestor, Justo e Iván. Tamén xogaron Chungy, Rubén, Mario e Guille.

1 Foz: Christian, Alberto, Asier, Dani Chinchón, Bouso, Thiago, Javi Sousa, Nacho, Rubén, Álvaro e David. Tamén xogaron Ramón, Dani Chao e Álvaro Lois.

g0-1 (min. 62) Thiago.

rXermade: Junior (3) Esteban (2) Lucho (1) Foz: Christian (3) Álvaro (2) Thiago (1)

O CD Foz tirou de efectividade para levar os tres puntos de Xermade nun encontro no que os locais mereceron máis.

A primeira metade non deparou demasidas accións salientables e como non podía ser doutro xeito rematou con empate sen goles no marcador. O Xermade con moitos problemas neste inicio de campionato tentou recuperar as súas señas de identidade e mostrarse forte como local ante un Foz que buscou madurar o encontro e materializar algunha ocasión.

Unha xogada por banda do Foz remataría cun testarazo de Thiago que anotaba o único tanto do encontro. O Xermade tentouno e gozou de claras opcións de gol, incluídos dous balóns ó longueiro da meta de Christian, o gardamallas mariñán realizou unha excelente actuación e foi chave na consecución dos tres puntos.

 

Check Also

Donato adestrador

¡Ano novo, adestrador novo!

  About Latest Posts José Manuel Lorenzo Latest posts by José Manuel Lorenzo (see all) …