sábado , 21 octubre 2017

A mellor inauguración posible

 
4Antas: Pallares, Carrera, Martín, Vicente, Zaski, Chin (Nando, min 50), Gallego, Costa (Cristian, min 65), Méndez (Andrés, min 60), Vitinho (Chiqui, min 75) e Guerreiro.

0 Residencia B: Iago, Miguel, Pablo, Vidal, José, David, Buján, Willian (Manu Barrio, min 65), Rubén Quiroga (Dani, min 85), Joaquin (Vilanova, min 70) e Coe.

g1-0 (min. 60) Gallego. 2-0 (min. 75) Cristian. 3-0 (min. 85) Guerreiro. e 4-0 (min. 90) Guerreiro

Non había mellor inauguración para o novo Castro Seoane que estrenar o céspede sintético cunha goleada ante o Residencia B para o Antas. O equipo de Adrián Vázquez remata a primeira volta como líder con cinco puntos da vantaxe sobre os seus perseguidores, Chantada B e Rubián. A Residencia B, con 23 puntos alónxase do ascenso.

O partido foi polos derroteiros do resultado gafas e ningún dos dous equipos conseguía superar ó rival. A primeira parte foi vistosa pero sen ocasións claras algo que se rompeu na segunda co tanto inicial de Gallego que a Residencia non soubo encaixar. O filial lucense viu como Cristian, máis tarde, abría brecha co 2-0. Ningunha inauguración é completa se os goleadores non aparecen e Guerreiro deixou o seu sello con un doblete nos minutos finais que deixa un 4-0 moi abultado para os méritos da Residencia B que tirou pola borda en 20 minutos unha boa hora inicial.

Check Also

Juan Peón durante un encontro

A Primeira Autonómica 16/17 xa coñece o seu calendario

 A FGF fixo público os diversos calendarios da Primeira Autonómica, os conxuntos lucenses están encadrados …