sábado , 21 octubre 2017
Un lance do Taboada - Valadouro. | Imaxe: perrobarrenhovello.blogspot.com

Miguel Gomes dalle o derbi ó San Ciprián nos últimos intres

 
2San Ciprián: Madariaga, Carlos, Kowal, Pablo Rivas, Morás, Antón, Samuel, Poceiro, Carra, Borja Mella e Aitor. Tamén xogaron Miguel Gomes, Edson, Filipe e Borja Rego.

1Valadouro: David, Joni, Isaac, Carlos, Víctor, Diego, Karri, Juan Pablo, Manolo, Copete e Mario. Tamén xogaron Pedro, Joao e Cándido.

g0-1 (min. 15) Manolo. 1-1 (min. 33) Poceiro. 2-1 (min. 87) Miguel Gomes.

San Ciprián impúxose por 2-1 ó Valadouro no derbi mariñán da xornada na Primeira Autonómica, nun encontro que se decidiu nos últimos minutos cun tanto de Miguel Gomes.

Na primeira metade adiantou Manolo ó Valadouro ós 15 minutos e igualou Poceiro á media hora. Na reanudación o encontro estivo parello e os amarelos puideron levarse os tres puntos pero Joni a falta de 5 minutos enviou ó pau. Finalmente Miguel Gomes nos últimos intres fixo o tanto definitivo.

Chuski, adestrador do San Ciprián, calificou a victoria do seu equipo como “xusta”. Pola contra, o preparador do Valadouro, José Manuel, sinalou que “a fortuna fixo que o Valadouro perdera no minuto 93 un punto que tiña merecido”.

No San Ciprián os mellores foron Poceiro (3), Samuel (2) e Miguel Gomes (1). No Valadouro destacaron Joni (3), Víctor (2) e Manolo (1).

Check Also

As crónicas de Futbollucense.com

A non participación do Sacido unha das novidades para a 2016/2017

 Coa finalización das fases de ascenso os conxuntos lucenses xa saben en que categoría competirán …