sábado , 21 octubre 2017
Un intre do Cabreiros - Lemos desta campaña. | Imaxe: Facebook Cabreiros.

Narci decide para o Cabreiros nunha Acea impracticable

 
1Cabreiros: Carlos, Noé, Gonza, Jordi, Cristian, Héctor, Pablo, Álex, Narci, Vicente e Santi. Tamén xogaron Beto, Dani e Pepe.

0San Ciprián: Mada, Carlos, Miguel Villar, Pablo Rivas, Morás, Antón, Samuel, Poceiro, Carra, Borja Mella e Miguel Gomes. Tamén xogaron Filipe e Edson.

g1-0 (min. 77) Narci.

Cabreiros San Ciprián disputaron un encontro igualado condicionado polo mal estado do terreo de xogo da Acea.

Impuxéronse os locais cun tanto de Narci a 15 minutos do final tras un erro defensivo do San Ciprián nunha cesión dun zagueiro a Mada, que esbarou e deixou o balón franco para o atacante chairego.

No Cabreiros destacaron Jordi (3), Vicente (2) e Santi (1). No San Ciprián os mellores foron Antón (3), Carra (2) e Pablo (1).

Check Also

As crónicas de Futbollucense.com

A non participación do Sacido unha das novidades para a 2016/2017

 Coa finalización das fases de ascenso os conxuntos lucenses xa saben en que categoría competirán …