sábado , 21 octubre 2017
Óscar Pol nun partido coa Residencia

O Abadín buscará a permanencia con Óscar Pol como bandeira

 

Óscar Pol nun partido coa Residencia

O Abadín retorna a Segunda Autonómica logo de competir as últimas campañas na Terceira categoría rexional lucense. O conxunto chairego apostará pola continuidade do seu plantel de futbolistas coa única novidade ata o momento de Óscar Pol nunha escadra que dirixirá unha campaña máis Pereira.

 

Segundo puido saber futbollucense.com, o cadro verde comezará a adestrar a vindeira semana co conxunto de xogadores que ascendeu a pasada tempada a Segunda Autonómica e a incorporación do futbolista meirego.

Óscar Pol regresa así ó fútbol provincial tras un ano alonxado do deporte a nivel federado, ano no que competiu en fútbol veterano co Exclusivas Nemesio. Pol conta con pasado en equipos como o Rácing Vilalbés, o CD Foz, o Castro e na súa última etapa, na SDC Residencia, club no que tamén adestrou a equipos da base.

Check Also

As crónicas de Futbollucense.com

A non participación do Sacido unha das novidades para a 2016/2017

  About Latest Posts José Manuel Lorenzo Latest posts by José Manuel Lorenzo (see all) …