sábado , 21 octubre 2017

O Antas acelera e o Portomarín e o Paradela frean en seco

 

CRONICA DA SEGUNDA:
O Antas pon a directa e está moi cerca da primeira despois de vencer no dificil campo da Reigosa e ver como os seus rivais tampouco suman en pleno. O Friol queda no medio da táboa con 28 puntos e o Antas é líder con 49, nove máis que o Atlético que é ahora terceiro a falta de nove xornadas. O Friol adiantouse no marcador cun gol en propia porta de Vitinho e chegou ó descanso con vantanxe nunha primeira parte na que foi mellor que os celestes. No segundo acto o Antas mellorou e moi pronto Vitinho refixo o seu erro para empatar. Cristian non faltou a súa cita co gol e deulle a volta ó partido a falta de vinte minutos. Dous despistes locais e a boa pegada visitante déronlle tres puntos de ouro ó Antas.

FRIOL: Buxán, Martínez (Telmo, min 65), José (Julito, min 65), Juan, Óscar (Pájaro, min 75), Cobas, Luki, Felipe (Miguel, min 60), Alberto, Larpi e Isaac (Jesus, min 60)

ANTAS: Pallares, Carrera, Anxo (Chiqui, min 70), Vicente, Zaski, Gallego, Félix (Cristian, min 50), Martín, Costa, Vitinho (Álex Vázquez, min 85) e Méndez (Chin, min 60)

GOLES: 1-0, min 15 Vitinho en propia porta. 1-1, min 45 Vitinho e 1-2, min 65 Cristian

ÁRBITRO: Rebolo Jul, amonestou a Miguel do Friol e a Gallego, Martín e Costa do Antas. Campo de A Reigosa

Un tiro no pé pegouse o Portomarín que ten medio corpo en Terceira. O equipo miñoto perdeu na casa ante o Comercial e é penúltimo con 11 puntos a 14 da salvación a falta de nove xornadas. Toma aire a Comercial que con 26 deixa dous de marxe co descenso por arrastre que marca, agora mesmo o Ferreira.
A primeira parte foi igualada pero a Comercial impuxo pouco a pouco o seu xogo e conseguiu chegar ó descanso con 0-1 co tanto de Brais. Na segunda parte malas novas para o Portomarín que vía como a Comercial facía o 0-2 por medio de Alves. O equipo blanquiazul remontou o voo e en dous erros dos vermellos e a balón parado conseguiron empatar por medio dos seus defensas, Fabio e Rubén. Os últimos dez minutos foron todo pasión debido ó marcador empatado pero case na última xogada sería Teijeiro o que batira a Merelle para levar os tres puntos para a capital e deixar ó Portomarín ferido de morte.

PORTOMARÍN: Merelle, Pepe (Sanfiz, min 60), Nes (Fabio, min 70), Rubén, Víctor Conde, Dani Lombardía, Manu (Víctor Vázquez, min 55), Cachón, Álex, Julián (Deco, min 55) e Marcos Parga

COMERCIAL: Gonzalo, Sergio (Rubén Braña, min 85), Alfonso, Manu, Joel, Teijeiro, Víctor (José Luaces, min 65), Álex, Peseta (Luna, min 75), Juan (Víctor Alves, min 25) e Brais

GOLES: 0-1, min 25 Brais. 0-2, min 55 Víctor Alves. 1-2, min 70 Fabio. 2-2, min 80 Rubén e 2-3, min 90 Teijeiro

ÁRBITRO: Rodríguez Grande, amonestou a Pepe, Nes e Rubén do Portomarín. Campo Chao da Poza

Táboas entre Palas e Residencia que saben mellor ós visitantes. O Palas que conseguiu adiantarse non aguantou a diferencia e suma un punto que o deixa con 26, os mesmos que a Comercial e con dous de vantaxe sobre o Ferreira. O Residencia B ten 31 e está na zona tranquila.
A primeira parte foi moi igualada e o cero a cero quizáis se quedou escaso para o fútbol visto aínda que sí era xusto empatar. Na segunda parte golpeou o Palas que por medio de Iván adiantaría ós celestes co 1-0. O Residencia reaccionou e o Palas quizáis replegou en exceso e o filial
atopou o premio cerca do final para deixar de novo o partido en táboas co gol de Quiroga. Un resultado, quizáis xusto para os méritos de ámbos.

PALAS: Marcos, Koeman, Álex Senande (Mendoza, min 45), Caño, Suso, Julián, Juanjo, Santi (Iván, min 60), Álvaro (Asier, min 90), Chorén (Fer Souto, min 80) e David Mato

RESIDENCIA B: Pablo, Miguel, Rubén Quiroga, Solla, José Luis, Dani, Willian (Alberto, min 80), Manu Barrios, Juanjo (Vidal, min 70), Kini e Vilanova

GOLES: 1-0, min 60 Iván e 1-1, min 90 Rubén Quiroga

ÁRBITRO: Vázquez López, amonestou a Chorén, David Mato, Suso e Caño do Palas e a Miguel, Vilanova e Willian do Residencia B. Campo de Melide

Victora importante do Atlético na casa ante o Guntín que o fai chegar ó miolo do ascenso. Unha racha impresionante deixa ó Atlético ás portas do ascenso con 40 puntos, un menos que o Chantada B que é segundo e nove menos que o líder. O Guntín segue en postos de descenso por arrastre e é antepenúltimo con 19 puntos a seis da salvación. Dezasete xornadas sen perder do Atlético e seis victorias consecutivas son unha carta de presentación que da confianza e xa nos primeiros minutos se refrendou no marcador co tanto do seu dianteiro Manute. Na primeira parte control dos locais e o Guntín trataba de aproveitar un contragolpe. Na segunda parte o segundo dos locais obra de Basán deixou tocado ó Guntín que aínda así puido recurtar distancias por medio de Mauro pero o gol de Fran sentenciou ós de Ladairo que remataron con 10 pola expulsión de Liz, e deulle tres puntos máis ós de Rigui.

ATLÉTICO: Víctor, Miguel, Diego Mejuto (Diego, min 90), Suso, Lois, Aitor, Dani (Borja, min 85), Basán, Manute (Álex Montes, min 75), Fran e Gufy (Eric, min 60)

GUNTÍN: Joaquin, Marcos, David, Héctor, Guille (Tomás, min 85), Mauro, Cafú, Marco (Antonio, min 65), Rafa, Álex (Liz, min 60) e Moreno

GOLES: 1-0, min 15 Manute. 2-0, min 50 Basán. 2-1, min 75 Mauro e 3-1, min 90 Fran

ÁRBITRO: Quiroga Cerviño, amonestou a Suso, Basán e Lois do Atlético e a Guille, Joaquin, Marcos e Héctor do Guntín. Expulsou por doble amonestación a Liz do Guntín no minuto 90. Campo de O Sangoñedo

Caeu o Chantada B no complicado desplazamento a Santa Comba e o equipo rossonero mira hacia arriba. O Chantada B continúa segundo pero ve como Atlético e Rubián se acercan para quitarlle o posto de privilexio que ascende a Primeira. O Santa Comba, que ten un partido menos suma 32 puntos a nove do Chantada e parece que ten licencia para soñar. Primeira parte moi seria e case perfecta do Santa Comba que desmoronou ó Chantada B con dous tantos, un de Borja de penalti e outro de Diego Meilán. Na segunda parte o Santa Comba controlou e defendeuse con orde e o Chantada B nunca deu penetrado nin se deu acercado no marcador. Moitas baixas nos de Juan que aínda así non poden sacarlle méritos ó bo partido do Santa Comba.
SANTA COMBA: José Ángel, Borja, Rober, Merino, Omar (Alberto, min 15), Neira, Asier, Platas (Novo, min 60), Iván, Diego Meilán (Richi, min 70) e Bello

CHANTADA B: Rays, Pinto (Gorri, min 65), Adri Elías (Marros, min 70), Rodrigo, Jordi, Pulpis, Adri, Saul (Samuel, min 50), Tara, Adrián e Pablito (José Carlos, min 50)

GOLES: 1-0, min 15 Borja de penalti e 2-0, min 40 Diego Meilán

ÁRBITRO: Folgueira Ríos, amonestou a Diego Meilán, Neira, Merino e Richi do Santa Comba e a Jordi e Adrián do Chantada B. Tras do Novo

Empate polémico nos Medos entre o Brollón e o Rubián. O empate deixa ós de Chura na zona media con 30 puntos mentres que os de Manu atravesan un bache de resultados e teñen 38, tres menos que o Chantada B, ó que reciben o vindeiro domingo. Problema coas decisións arbitrais tamén arrastra o Rubián que un partido máis volveu rematar en inferioridade numérica e cun penalti en contra. Xogou ben a pesar das baixas o Rubián na primeira parte e incluso se adiantou no marcador por medio de Rodri. Na segunda parte o Brollón estirouse e comezou a chegar con máis perigo á meta do Rubián. Un penalti moi discutido polos visitantes devolvería as táboas tras transformalo Maikel. Con 1-1 o Rubián quedaría con 10 pola expulsión de Gonzalo. En inferioridade tocaba defenderse dun Brollón que quizáis non creeu o suficiente en si mesmo como para vencer.

BROLLÓN: David, Suso, Marcos Blanco, Fran, David Armesto, Freire, Sergio (Pibe, min 85), Maikel, Diego, Samuel (Jorge, min 80) e Rivera

RUBIÁN: Manu, Antonio, Diego, Samuel, César (Rubén, min 55), Emilio, Rodri (Raul, min 55), Gonzalo, Iago Arias, Camino e Borja

GOLES: 0-1, min 40 Rodri e 1-1, min 50 Maikel de penalti

ÁRBITRO: Castro Peralta, amonestou a David, David Armesto e Pires do Brollón e a Borja, Manu, César e Samuel do Rubián. Expulsou por doble amonestación a Gonzalo do Rubián no minuto 65. Campo de Os Medos

Victoria do Ferreira no Baliño e segunda victoria consecutiva. O Castroverde métese en problemas e a pesar de non caer ne descenso segue con 25 puntos, un por riba do Ferreira que quere sacar a cabeza. Os verdebrancos teñen un partido menos, aplazado na casa ante o Friol. O Ferreira non sae dos postos de Terceira pero xa ve a salvación a un so punto.
Na primeira parte case o mesmo guión que en todos os partidos do Ferreira, ocasións e fallos acumulaban os homes de Juantxu e o Castroverde conseguiu marcar as súas. O Ferreira adiantouse de penalti por medio do especialista Vegui pero perdooulle a vida ó Castroverde que conseguiu darlle a volta con efectividade e cos tantos de Javi e Núñez. O Ferreira no tempo de lecer ía por baixo no marcador pero reaccionou na segunda parte onde en dez minutos fixo tres goles para empatar primeiro Enríquez, darlle de novo a volta Vegui e sentenciar Dani en propia porta. Por se había algún xénero de dúbidas, Felíx completaba o 5-2 final ante un Castroverde ó que se lle fixo longa a segunda parte.

FERREIRA: Valcarcel, Cazón, Hugo, Dani, Cortiñas (Juan Luis, min 65), Santi (Jessi, min 80), Félix, David, Enríquez, Vegui (Édgar, min 70) e Abdel

CASTROVERDE: Aitor, Dani, Marco, Juan, Núñez, Javi, Rubén (Mario, min 75), Marcos (Abel, min 85), Gelo, Ríchard e Antonio (Miguel, min 70)

GOLES: 1-0, min 20 Vegui de penalti. 1-1, min 30 Javi. 1-2, min 40 Núñez. 2-2, min 55 Enríquez. 3-2, min 60 Vegui. 4-2, min 65 Dani en propia porta e 5-2, min 70 Félix

ÁRBITRO: Rodríguez Ledo, amonestou a Santi e Edgar do Ferreira e a Núñez do Castroverde. Campo de O Baliño

Empate entre Paradela e Corgo que deixa a ámbos como estaban. Paradela, último e case sentenciado igual que os seus veciños do Portomarín e o Corgo aguantando con 27 puntos, tres menos que o Ferreira para a permanencia. O partido foi disputadísimo e quizais xusto o reparto de puntos no Gandarón.
Rubal atopou o camiño do gol para o Corgo no primeiro acto pero Manu empatou a renglón seguido para o colista. Na segunda parte o tanto de Pedro cerca do final acercaba os puntos a Corgo. O Paradela quedou con 10 pola expulsión de Óscar Díaz e parecía misión imposible o empate que finalmente chegou co tanto no último minuto de Campo.

PARADELA: Víctor, Carlos, Adrián, Martín (Víctor Abella, min 90), Javier, Manu (David Abella, min 80), David (Rigo, min 45), Óscar Díaz, Campo, Rubén (Miguel Ángel, min 70) e Dani (Illán, min 75)

CORGO: Pablo, Damián, Alberto, Pedro, Iván Seijas (Castro, min 40), Gustavo, Rubal, Gayoso, Iván Jul, Jacobo e Rozas (Jaime, min 45)

GOLES: 0-1, min 20 Rubal. 1-1, min 30 Manu. 1-2, min 80 Pedro e 2-2, min 90 Campo

ÁRBITRO: Díaz Martínez, amonestou a Martín e David do Paradela e a Pedro, Gayoso, Jacobo e Gustavo do Corgo. Expulsou por doble amonestación a Óscar Díaz do Paradela no minuto 85. Campo de O Gandarón

Check Also

Fiz Rodríguez durante un encontro

A Preferente xa ten calendario

 Os conxuntos lucenses xa coñecen o calendario da nova tempada na Preferente. Dos sete conxuntos …