sábado , 21 octubre 2017

O Chantada Atlético chega para quedarse

 

CRÓNICA da SEGUNDA
O Antas esta a un paso de competir en Primeira Autonómica por segunda vez na súa historia despois da victoria traballada ante un Ferreira que pon fútbol e ocasións pero vive afogado polos puntos. O Antas é máis lider e xa saca 10 puntos ó terceiro a falta de so oito partidos. O Ferreira, en postos de descenso ten a tiro de dous puntos ós seus rivais anteriores, Comercial e Castroverde. Moi boa primeira parte do Antas que comandado por Cristian case se merendou ó Ferreira. O dianteiro celeste abriu o marcador ós dez minutos e a pesar de que Abdel empatou para os de Pantón o ariete local completou o seu hattrick antes do descanso para deixar o marcador nun claro 3-1. Na segunda parte o Ferreira moveu ficha e foi a por todas. Volcouse na meta de Pallares e conseguiu acurtar por medio de Enríquez. Mereceu máis premio quizais o Ferreira que estrelou un balón na trabe que puido supoñer o empate que co esforzo da segunda parte igual mereceu.

ANTAS: Pallares, Carrera, Anxo, Vicente, Zaski, Gallego, Chin (Nando, min 55) (Félix, min 75), Vitinho (Méndez, min 55), Costa, Martín e Cristian (Chiqui, min 60)

FERREIRA: Guitián, Juan Luis, Hugo (Édgar, min 80), Dani, Cortiñas (Vegui, min 25), Santi (Jessi, min 45), Félix, David (César, min 75), Enríquez, Fabio e Abdel

GOLES: 1-0, min 15 Cristian. 1-1, min 20 Abdel. 2-1, min 20 Cristian. 3-1, min 30 Cristian e 3-2, min 85 Enríquez

ÁRBITRO: Vázquez Méndez, amonestou a Cristian e a Gallego do Antas e a Santi do Ferreira. Campo de Castro Seoane.
A Comercial non acaba de arrancar e o Friol segue afastándose dos postos de perigo. O Friol de Rafa xa ten 31 puntos, sete máis que o Ferreira mentres a Comercial, con 26 está a un paso do descenso por arrastre.
O partido case non tivo centrocampismo e houbo ocasións para ambos bandos xa no primeiro tempo. Felipe abriu o marcador na primeira parte que dominaron os visitantes. A Comercial tivo ocasións pero antes do descanso o marcador non se movería. Á volta dos vestiarios, Alberto abría a brecha no marcador que a Comercial non sabería repoñer.

COMERCIAL: Gonzalo, Víctor (Alberto, min 70), Sergio, Alfonso, Manu, Joel, Teijeiro, Peseta, Rubén Pena, José Luaces e Brais (Maseda, min 15)

FRIOL: Buxán, Cobas, Julito (Núñez, min 80), Juan, Óscar, José, Dani (Martínez, min 60), Miguel (Luki, min 55), Alberto, Felipe (Pájaro, min 75) e Isaac (Isma, min 85)

GOLES: 0-1, min 35 Felipe e 0-2, min 65 Alberto

ÁRBITRO: Gómez Martín, amonestou a Sergio e a Víctor da Comercial e a Martínez, Julito e Luky do Friol. Campo de As Gándaras
O Guntín métese en problemas serios de permanencia trala derrota ante o Palas en Ladairo. O Palas toma aire e xa ten cinco puntos de colchón sobre o Ferreira e parece que pode afastarse definitivamente dos postos perigosos.
O Guntín, polo contrario, está en dinámica mala e sete puntos o separan da hipotética salvación dos arrastres que marca a Comercial. O equipo local dominou e foi mellor que o Palas nos primeiros corenta e cinco minutos de ahí que se adiantase no marcador por medio de Rafa. Na segunda parte mellorou sustancialmente o Palas que coa xente do banquiño conseguiu darlle a volta ó marcador. Koeman golpeaba primeiro para empatar e co tempo cumplido, outro  dos suplentes, Fer Souto facía o definitivo 1-2.

GUNTÍN: Joaquín, David, Antonio (Bruno, min 75), Héctor, Guille (Marco, min 75), Yago (Álex, min 65), Galdo, Cafú (Adrián, min 50), Noel, Rafa e Moreno

PALAS: Yoni, Asier (Koeman, min 45), Marcos Senande, Caño, Suso, Iván, Horacio, Juanjo (Santi, min 75), Julián, Martín (Mendoza, min 45) (Fer Souto, min 65) e David Mato (Íker, min 90)

GOLES: 1-0, min 44 Rafa. 1-1, min 55 Koeman e 1-2, min 90 Fer Souto

ÁRBITRO: Fernández Vázquez, amonestou a Guille, Héctor e Noel do Guntín e a Horacio do Palas. Campo de Ladairo.
Chegou o expreso do Sangoñedo e o Chantada Atlético colócase en postos de ascenso por primeira vez na tempada cunha xeira impresionante. Os de Rigui aproveitan os picazos e xa son segundos a nove puntos do Antas e con un de vantaxe sobre o seu veciño rival do Chantada B. O Santa Comba foi un rival moi duro de bater e a pesar de non contar co factor campo no Tras do Novo conseguiu adiantarse no marcador na primeira parte no Sangoñedo co tanto de Alberto. O Atlético, por debaixo no marcador, mellorou na segunda parte e comandado por Basán, autor de dous tantos e por Manute, autor de outro, deulle a volta ó partido e mantivo os tres puntos na casa ante un Santa Comba que non conseguiu aguantar o rodillo visitante nesta segunda parte e acabou con 10 pola expulsión de Merino.

CHANTADA ATLÉTICO: Víctor, Miguel, Diego Mejuto (Diego, min 65), Aitor, Rubén, Suso, José, Basán, Álex Montes (Borja, min 80), Gufy (Manute, min 40) e Eric

SANTA COMBA: José Ángel, Borja, Robert (Richi, min 55), Merino, Platas, Rodrigo (Enrique, min 75), Asier, Iván, Bello, Alberto e Novo

GOLES: 0-1, min 20 Alberto. 1-1, min 55 Basán. 2-1, min 75 Manute e 3-1, min 80 Basán

ÁRBITRO: Lamus Picón, expulsou a Merino do Santa Comba por doble amonestación no minuto 80. Campo de O Sangoñedo.
Mención aparte merece o partido da Veiga do Olmo. Hai campos con encanto e o do equipo verdeblanco é un deles. Todas as temporadas aparece un partido deste calibre no feudo do Castroverde. Se o ano pasado o Portomarín foi que de gañar alí os locais con so 8 xogadores remontando un 2-1 desta volta a épica firmouna o cadro local. A primeira parte foi para o Castroverde que creou perigo ante David pero non conseguiu marcar. Na segunda o mellor equipo foi o Brollón que foise crecendo co paso dos minutos e merecidamente se puxo por diante cun tanto obra de Pichi cando o Castroverde xa estaba con 10 homes pola expulsión de Gelo. Co 0-1, Ríchard tamén vería a porta dos vestiarios antes de tempo e con 9 homes parecía fazaña imposible para os locais. Con corazón e valor o Castroverde conseguiu empatar por medio de Antonio e incluso puido vencer ó final un partido que nunca deu por perdido.

CASTROVERDE: Marcos, Dani, Marco (Abel, min 65), Javi, Núñez, Xingou, Carlos, Marcos, Gelo, Ríchard e Antonio

BROLLÓN: David, Fran, Rivera, Jorge, Pichi, Héctor, Pires, Maikel, Sergio (Diego, min 10), Samuel e David López

GOLES: 0-1, min 60 Pichi e 1-1, min 75 Antonio

ÁRBITRO: Rodríguez López, amonestou a Marcos e Xingou do Castroverde e a Diego, David López, Héctor, Fran, Pires e Maikel do Brollón. Expulsou a Gelo do Castroverde por doble cartón amarelo no minuto 55 e a Ríchard, tamén do Castroverde no minuto 60. Campo de A Veiga do Olmo.
Victoria cómoda do filial da Residencia ante o Paradela por 4-0. O equipo capitalino instálase na zona alta con 34 puntos a nove do ascenso. O Paradela, colista case na totalidade da competición ten so 11 puntos e está a quince puntos da salvación polo que en poucas semanas pode ser novo equipo de Terceira.
A Residencia apenas pasou apuros e o Paradela so aguantou o ritmo unha parte. Regueiro abriu o marcador no ecuador do primeiro acto e a pesar de que o Paradela foi aguantando enteiro desmoronouse co segundo tanto, xa na segunda parte de Rubén Quiroga. Alberto e Juanjo redondearon o marcador que remataría no claro 4-0 final.

RESIDENCIA B: Iago, Pablo, Solla, Jose Luis, Dani (Alberto, min 60), David Capón, Javi Regueiro (Méndez, min 55), Vilanova, Manu Barrios (Willian, min 80), Kini (Miguel, min 80) e Rubén Quiroga (Juanjo, min 75)

PARADELA: Víctor, David Abella, Adrián, Iago (Illán, min 45), Javi, Manu, Víctor, Miguel Ángel, Campo, Rigo e Dani

GOLES: 1-0, min 25 Javi Regueiro. 2-0, min 50 Rubén Quiroga. 3-0, min 65 Alberto e 4-0, min 75 Juanjo

ÁRBITRO: Montero Piñeiro, amonestou a David Abella e a Campo do Paradela. Campo de A Cheda.
Empate a un entre os aspirantes Rubián e Chantada B no poste nun partido de poder a poder. O Chantada B sae reforzado do empate porque mantén o golaverage co equipo de Manu e mantén a terceira plaza con un punto de desvantaxe ante os seus veciños do Atlético que toman a segunda plaza. O Rubián, con 39 leva catro partidos sen gañar e xa perde catro puntos cos postos de ascenso. Moito respeto e moito medo a fallar por ambas escadras. O Rubián frouxo de efectivos marcou primeiro por medio de Miguel pero antes do descanso o pichichi do filial, Tara empataba. Na segunda parte excesivo centrocampismo e xogo trabado que impediu que se movese o marcador.

RUBIÁN: Iván, Antonio, Diego, Samuel, César, Emilio (Miguel, min 10), Rodri, Iván Cid, Rivi, Iago Arias e Armesto

CHANTADA B: Rays, Gorri, Pinto, Marros, Jordi, Pulpis, Pablito (Adri, min 80), Adrián, Tara (Figueiras, min 90), Efrén (Novelle, min 90) e Rubén (José Carlos, min 85)

GOLES: 1-0, min 30 Miguel e 1-1, min 40 Tara

ÁRBITRO: Pérez Rodríguez, amonestou a César, Rivi, Diego e Emilio do Rubián e a Gorri do Chantada B. Campo de O Poste.
O Corgo toma aire e o Portomarín segue perdendo o pouco que lle quedaba. O Portomarín, ó igual que o Paradela, ten o futuro negro na Segunda e pronto pode convertirse en equipo de Terceira. O Corgo toma aire e suma 30 puntos, seis máis que o Ferreira na busca pola permanencia.
A posta en escea foi inmellorable para o Corgo que no minuto 5 xa vencía con gol de Gustavo. O Portomarín foise asentando e o Corgo empezou a sufrir no segundo acto cando Sanfiz empataba o partido. O equipo miñoto quedaría con 10 por expulsión de Rubén e un penalti para os visitantes inexistente foi transformado por Noé no 2-1 para o Corgo que ademáis vía como o Portomarín quedaría con 9 pola expulsión de Manu. Excesivo premio para un Corgo ante un Portomarín desquiciado coa actuación arbitral.

CORGO: Manu, Cristian, Andión, Borja, Pedro, Gustavo, Jacobo, Noé (David Castro, min 80), Iván Seijas (Rozas, min 85), Pelayo (Juan, min 65) e Rubal (Sergio, min 85)

PORTOMARÍN: Merelle, Fabio, Víctor Vázquez (Pepe, min 80), Rubén, Nes, Dani Lombardía, Manu, Cachón, Sanfiz, Deco (Julián, min 65) e Álex

GOLES: 1-0, min 5 Gustavo. 1-1, min 60 Sanfiz e 2-1, min 75 Noé de penalti

ÁRBITRO: Feijoo Trigo, amonestou a Gustavo do Corgo e a Fabio, Cachón e Álex do Portomarín. Expulsou por doble amonestación a Rubén do Portomarín no minuto 75 e a Manu, tamén do Portomarín e tamén por doble amonestación no minuto 80. Campo Municipal de Corgo.

Check Also

Fiz Rodríguez durante un encontro

A Preferente xa ten calendario

 Os conxuntos lucenses xa coñecen o calendario da nova tempada na Preferente. Dos sete conxuntos …