sábado , 21 octubre 2017
clasificación terceira autonómica
A clasificación está do máis apretada na Terceira Autonómica Norte

O Comité de Competición confirmou a perda de tres puntos do Parga

 

Tal e como se agardaba o fallo do Comité de Competición na reclamación por aliñación indebida presentada por Celeiro, Roupar e Ferroviaria decidiu fixar o resultado do PargaCeleiro nun 0-3, así pois o Celeiro suma tres puntos que lle son descontados ó Parga. Este novo marcador fai que o Parga perda un posto na táboa quedando na quinta praza con 37 puntos, pola súa banda o Celeiro escala unha posición e queda 12º con 17 puntos.

Podes ver como queda a clasificación aquí.

Na mesma resolución fixéronse publicas as sancións de cara a vindeira xornada de liga na Terceira Autonómica Norte. O Roupar non poderá contar con tres dos seus xogadores, Mele, Adrián e Manu non estarán na visita do seu equipo á Ferroviaria. Jairo e Miguel Paz son baixa no Catro Roldas, o conxunto de Román rende visita ó Cazás. Héctor (Momán) e Jesús Rial (Ourol) completan a lista de sancionados.

Check Also

Juan Peón durante un encontro

A Primeira Autonómica 16/17 xa coñece o seu calendario

  About Latest Posts José Manuel Lorenzo Latest posts by José Manuel Lorenzo (see all) …