sábado , 21 octubre 2017
Adrián roupar
Adrián nun encontro co Roupar

O derbi entre Cazás e Roupar remata sen goles

 
0 Cazás: Kolo, Miguel, Ángel, Iván, Chuchi, Efrén, Bruno, Eloy, Juan, Jose e Oki. Tamén xogaron Palito, Chechu, Marcos, Moncho e Pita.

0 Roupar: Chono, Isma, Álex, Mele, Adrián, Ali, Roy, Manu, Óscar, Gus e Gaucho. Tamén xogaron Amady, Carlitos e César.

rCazás: Kolo (3) Efrén (2) Ángel (1) Roupar: Ali (3) Isma (2) Gus (1)

O encontro entre Cazás e Roupar estivo moi nivelado e na primeira metade apenas se produciron accións de perigo nas áreas, o mal estado do terreo de xogo contribuía a que as dificultades para xerar fútbol foran máximas.

Na segunda metade o encontro abriuse máis e ambos conxuntos tiveron as súas opcións, o choque puido caer de calquera lado ata o final pero nin locais nin visitantes foron quen de mover o marcador, O Roupar tivo unha pena máxima na que Ali non puido superar a Kolo e outra clara ocasión nas botas de Adri que veu como o seu remate era freado polo terreo de xogo preto da liña de gol.

Check Also

Matela vs Ourol

O Matela derrota ó Ourol e presenta a súa candidatura

  About Latest Posts José Manuel Lorenzo Latest posts by José Manuel Lorenzo (see all) …