sábado , 21 octubre 2017
ourol vs folgueiro
Ourol vs Folgueiro | @SDourol

O Folgueiro resolveu na primeira metade ante o Ourol

 
0 Ourol: José Luis, Marcos Curto, Cristian, Fran Chao, Adri, Hugo, Álex Gil, Santos, Brais e Lalas. Tamén xogaron Serantes, Álex Cal, David e Jesús Rial.  3 Folgueiro: Javi, Luis, Chano, Ángel, Zeus, Marcos Polo, Pedro, Barry, Chefo, Quintela e Rubén Blanco. Tamén xogaron Kiños, Rubén e Álex.

g0-1 (min. 2) Zeus. 0-2 (min. 27) Rubén Blanco. 0-3 (min. 41) Marcos Polo.

gOurol: Santos (3) Álex Gil (2) Adri (1) Folgueiro: ? (3) ? (2) ? (1)

O Folgueiro está a tan só un punto de certificar o seu ascenso á Segunda Autonómica, na súa visita a Ourol resolveu o encontro nos primeiros corenta e cinco minutos.

Dous minutos tardou o Folgueiro en xerar a primeira chegada con perigo a portería do Ourol, a xogada finalizou en córner e tras o seu lanzamento Zeus remataba no segundo pau poñendo por diante ó conxunto de Unai. As chegadas do Folgueiro eran continuas, neste primeiro tramo de encontro dispuxo de numerosos saques de esquina. Rubén Blanco puido aumentar a renda pero José Luis evitou o gol, non tivo tanta sorte o gardameta pouco despois, Chefo serviu unha falta lateral que o meta non puido atallar quedando o esférico para Rubén Blanco que marcou a portería baleira.

Marcos Polo ía aproveitar un rexeite para conectar un lanzamento dende trinta metros que superou ó meta local, un golazo para pechar o marcador e liquidar o encontro. Puido recortar diferenzas antes do descanso o Ourol, un centro golpeou nun defensor do Folgueiro e acabou estrelándose no pau longueiro da portería de Javi.

Na segunda metade o encontro igualouse, o Ourol tivo ó pouco de volver de vestiarios unha gran ocasión, pero o xogador local non atinou no man a man finalizando a xogada cunha vaselina que marchou fóra. A partir de aí poucas accións reseñables, moito balón longo que non finalizaba en xogadas de perigo, co paso dos minutos o campo foi empeorando e dificultou moito o xogo a ambos conxuntos. O Folgueiro pechou o encontro cun centro-chut que repeleu o pau longueiro da meta de Serantes.

O Folgueiro recibe na vindeira xornada ó Celta Barreiros e o Ourol visita ó Catro Roldas.

 

Check Also

Fiz Rodríguez durante un encontro

A Preferente xa ten calendario

  About Latest Posts José Manuel Lorenzo Latest posts by José Manuel Lorenzo (see all) …