Sábado , 22 Julio 2017
Sesión adestramento Iberia 2015/2016
Primeira sesión de adestramento do Iberia 2015/2016 | Facebook Iberia

O Iberia de Nico xa está en marcha

 

Nicolás Veiga, Nico, xa tivo a primeira toma de contacto co seu plantel, afronta un novo reto no Iberia, un dos clubs históricos da provincia, que a tempada pasada non puido manter a categoría e caeu á Segunda Autonómica.

Para afrontar este novo desafio, o Iberia xa ten confirmadas varias incorporacións, Bruzos (Valadouro) e David Seijo (SD Ribadeo) chegan para reforzar a portería, tamén estarán ás ordes de Nico Adrián Rico (Celta Barreiros), Dani Montoya (San Ciprián) e Pena que chega do fútbol de Ferrol. O capítulo de incorporacións aínda non está pechado e nos vindeiros días poderían chegar novos reforzos.

Causan baixa Canario (Foz), Diego Rego (Lourenzá), Davicín (Pontenova) e Adrián que muda de disciplina e xogará a fútbol sala.

Na pretempada o Iberia medirase nas Valgas no trofeo do emigrante ó Xove-Lago o vindeiro 15 de agosto, tamén como local recibirá ó Lourenzá o 19 ou 20 de agosto. Desprazarase o 23 de agosto a Burela, o 30 de agosto disputará o trofeo Conde Santo ante o Lourenzá e pechará a pretempada viaxando a Navia para medirse ó conxunto local.

Check Also

Juan Peón durante un encontro

A Primeira Autonómica 16/17 xa coñece o seu calendario

  About Latest Posts José Manuel Lorenzo Latest posts by José Manuel Lorenzo (see all) …