sábado , 21 octubre 2017

O líder invicto da Liga Galega cadete, o Viveiro, preséntase no Roca

 

O próximo domingo a partir das 11:30 horas no Estadio Roca de Vilalba disputarase un novo derbi provincial. Neste caso da Liga Galega cadete, no que se medirán o Rácing Vilalbés coa gran sensación deste inicio de tempada, un Viveiro que chega á cita como líder invicto da Liga, malia que os de Edu Mariño son un conxunto recén ascendido.

Máis necesitados de puntos están os chairegos, que marcan os postos de descenso á Liga Autonómica con seis puntos nas primeiras nove xornadas. Os de Cholas están competindo en cada xornada pero a falta de gol está sendo un lastre a hora de acadar máis puntos.

A priori o Viveiro é o gran favortito no Roca, pero os derbis sempre deparan sorpresas polo que de antemán o Rácing Vilalbés intentará ser o primeiro equipo que rompa o paseo triunfal dos celestes esta tempada.

Check Also

Donato adestrador

¡Ano novo, adestrador novo!

 O recen estreado 2016 comeza con moitas novidades nos bancos dos conxuntos lucenses, especialmente nos …