sábado , 21 octubre 2017
Matela vs Ourol
Matela vs Ourol | admatela.blogspot.com

O Matela derrota ó Ourol e presenta a súa candidatura

 
4 Matela: Pablo, Bruno, Yago García, Óscar, Rubén Sarceda, David, Manuel, Alberto, Marcos Tojo, Hugo e Diego Pérez. Tamén xogaron Alberto Rubinos, García, Álex Tojo e Marcos Barro.

2 Ourol: Serantes, Fran Chao, Cristian, Álex Gil, Álex, Brais, Santos, Jesús Rial, Lalas, Kivito e Viri.

g1-0 (min. 25) Marcos Tojo. 2-0 (min. 28) Hugo. 3-0 (min. 34) Marcos Tojo. 3-1 (min. 36) Viri. 4-1 (min. 37) Marcos Tojo. 4-2 (min. 65) Jesús Rial.

gMatela: Marcos Tojo (3) Hugo (2) Manuel (1) Ourol: Fran Chao (3) Jesús Rial (2) Viri (1)

O Matela é tras a victoria ante o Ourol o principal perseguidor de Folgueiro e Parga que ocupan postos de ascenso directo, o conxunto azulón derrotou ó Ourol nun encontro moi físico. Os locais saíron máis enchufados ante un Ourol ó que lle custou entrar no encontro, aínda así ambos conxuntos tiveron as súas opcións nos primeiros minutos. O primeiro tanto chegou cando se cumpría o minuto vintecinco de xogo, un lanzamento rexeitado polo longueiro da meta visitante era aproveitado por Marcos Tojo para adiantar ós locais. Pouco despois era Hugo o que tras xogada persoal acababa batendo a Serantes e poñía o dous a cero.

O festival goleador non cesaría, tras un saque de esquina Marcos Tojo lograba o terceiro tanto local e poñía moi de cara o encontro para o conxunto de Paulo César. O Ourol tentou reaccionar e acurtou diferenzas por medio de Viri. Pouco durou a ledicia no bando visitante, un inspirado Marcos Tojo lograba cun lanzamento dende a frontal o 4-1 co que se chegaría ó descanso.

A segunda metade deixou unha mellor versión do Ourol que recortou distancias co tanto de Jesús Rial e dispuxo de boas ocasións para achegarse no marcador pero atopouse coa solvencia defensiva do Matela que soubo conservar a súa renda.

Check Also

Fiz Rodríguez durante un encontro

A Preferente xa ten calendario

  About Latest Posts José Manuel Lorenzo Latest posts by José Manuel Lorenzo (see all) …