sábado , 21 octubre 2017
Un lance do Monterroso - Taboada | Imaxe: perrobarrenhovello.blogspot.com

O Monterroso non dá o brazo a torcer

 

1Valadouro: David, Joni, Isaac, Carlos, Víctor, Diego, Joao, Cándido, Manolo, Juan Pablo e Mario. Tamén xogaron Copete e Eloy.

2Monterroso: Roi, Rafa, Jero, Jose Méndez, Porto, Barrio, Lucho, Melchor, Héctor, Jony e Lorenzo. Tamén xogaron Carión e Crespo.

g0-1 (min. 8) Melchor. 0-2 (min. 35) Lucho. 1-2 (min. 42) Diego.

Monterroso non dá o brazo a torcer na súa pelexa pola permanencia e impúxose por 1-2 na súa visita ao campo do Valadouro.

Os visitantes, moi enchufados no primeiro tempo, adiantáronse por medio de Melchor e Lucho nunha mala media hora inicial dos locais. Antes do descanso reduciu distancias Diego á saída dun córner.

Na segunda metade o Monterroso defendeu con orde e o Valadouro non estivo á altura, sobre todo no apartado físico, para poder loitar polos puntos.

No Valadouro destacaron Cándido (3), Mario (2) e Joni (1). No Monterroso os mellores foron Yoni (3), Lorenzo (2) e Barrio (1).

 

Check Also

As crónicas de Futbollucense.com

A non participación do Sacido unha das novidades para a 2016/2017

 Coa finalización das fases de ascenso os conxuntos lucenses xa saben en que categoría competirán …