sábado , 21 octubre 2017

O Paradela quere resurxir despois do derbi

 
1Paradela:Diego, Dani (Víctor, min 90), Javi, Adrián, Iago, Efrén, Rigo (Óscar Díaz, min 60), Diego Gayoso (Arias, min 75), Rubén (David, min 85), Manu e Carlos (Martín, min 87)

0 Portomarín: Javi, Pepe (Fabio, min 45), Víctor Vázquez, Nes (Diego, min 80), Víctor Conde, Deco (Dani Lombardía, min 70), Manu, Cachón (Rubén, min 45), Sanfiz, Julián e Marcos Parga.

g1-0 (min. 25) Rubén.

O derbi miñoto acabou con tres puntos para o colista e malas sensacións para o Portomarín. O Paradela, a pesar de gañar segue último con 7 puntos e o Portomarín é penúltimo con 9. Ámbos equipos terán que comezar a sumar de tres en tres se queren evitar a Terceira Rexional.

O partido foi o típico derbi con xogo trabado, imprecisións e moita rivalidade. O Paradela conseguiría adiantarse na primeira parte por medio de Rubén e esa vantaxe non a apearía ata o final, un tanto que vale tres puntos ante un rival eterno. Nos últimos minutos o Paradela quedou con 10 pola expulsión de Javi pero aguantou as acometidas do Portomarín a pesar de quedar incluso con 9 xogadores.

Check Also

Donato adestrador

¡Ano novo, adestrador novo!

 O recen estreado 2016 comeza con moitas novidades nos bancos dos conxuntos lucenses, especialmente nos …