sábado , 21 octubre 2017
paraños
Estado de Paraños tras o seu acondicionamento

O Rioaveso está de volta

 

Unha tempada despois o fútbol regresa a Paraños, o Rioaveso volve á competición da man da directiva presidida por Ángel Pena. Na súa reaparición militará no grupo norte da Terceira Autonómica.

O novo presidente, Ángel Pena e o vicepresidente, Álex Veiga, forxaron a idea do retorno do Rioaveso, ambos son da localidade e por distintos motivos nunca xogaran no equipo.

O camiño non foi sinxelo e non sería posible se non fose pola colaboración doutro grupo de persoas que os acompañou no proxecto e se incorporou ó equipo directivo, Eduardo Prieto, Gaudi Pérez e Manuel Balsa.

Son varios os patrocinadores que se incorporaron ó proxecto, Tipsa lucirá a súa publicidade nos Chándals, Nova Ruta levará a súa publicidade na primeira equipación, A Pravia achegou as mochilas e Novo Tamanaco proporcionou as sudaderas. A estes patrocinios o club engadiu as colaboracións dos locais de Vilalba e os seus arredores que mostraron unha gran predisposición para impulsar a volta á competición do equipo. Os socios e anuncios no campo completan a parte económica coa que o club afrontou o seu regreso.

 Recuperación de Paraños

paraños sen fútbol
Estado de Paraños despois de un ano sen fútbol

Un ano despois Paraños estaba en moi mal estado e o Rioaveso tivo que traballar moito para recuperar as instalacións para a práctica do fútbol, dende a directiva destacaron a gran labor de todos os integrantes do equipo, que de xeito desinteresado acometeron as labores de limpeza e acondicionamento do campo.

 Competir e divertirse sen renunciar a nada

O principal obxectivo co que nace o Rioaveso é competir e divertirse, pero segundo aclara a súa directiva non descartan nada, máis a longo prazo perseguen devolver o Rioaveso á Segunda Autonómica. Dende o club agardan unha tempada de aprendizaxe debido a xuventude do plantel, diversos motivos fan que ningún xogador da anterior etapa do Rioaveso forme parte do equipo.

 Ángel Pena tamén será o adestrador

camiseta rioaveso
Primeira equipación do Rioaveso

O apartado económico condicionou a búsqueda do adestrador, polo que decidiron que fora Ángel Pena o que dirixise o equipo dende o banco. O club nace coa filosofía de non facer distincións entre os seus compoñentes, todos e cada un dos directivos, xogadores e adestrador están no Rioaveso de forma desinteresada.

O Rioaveso confirmou que salvo sorpresas ten pechado o plantel ó 90%.

Check Also

Fiz Rodríguez durante un encontro

A Preferente xa ten calendario

  About Latest Posts José Manuel Lorenzo Latest posts by José Manuel Lorenzo (see all) …