sábado , 21 octubre 2017
abadín vs riotorto
Abadín vs Riotorto |Facebook Abadín

O Riotorto é máis líder tras vencer ó Alfoz

 
2 Riotorto: Alberto, Neira, Lourido, Manolo, Jesús Pablo, Carlos, Rubén, Chechu, Iván Seco, Cristian e Hugo Méndez. Tamén xogaron Eloy e Juan.

1 Alfoz: Jacobo, Luismi, Miguel, Ángel, Pablo Liz, Juanra, Gilberto, Legaspi, Pablo Souto, Marrube e Eloy. Tamén xogaron Jordi e Álvaro.

g1-0 (min. 30) Lourido. 2-0 (min. 41) Jesús Pablo. 2-1 (min. 88) Álvaro.

rRiotorto: Jesús Pablo (3) Carlos (2) Lourido (1) Alfoz: Pablo Souto (3) Legaspi (2) Marrube (1)

O Riotorto é un pouco máis líder logo de vencer ó Alfoz e aproveitar os empates de Santaballés e Lourenzá.

O Riotorto controlou o encontro na primeira metade e apenas pasaron apuros, unha xogada a balón parado ía abrir o marcador, Lourido adiantaba ós locais á media hora de xogo. Pouco antes do descanso un bo servizo de Carlos era aproveitado por Jesús Pablo para poñer o dous a cero no marcador.

Na segunda metade o Riotorto controlou o xogo aínda que sen ter un claro dominio ante un Alfoz que non conseguía xerar perigo. Hugo Méndez tivo a ocasión máis clara para os locais pero tras superar ó seu marcador e tras un bote irregular enviou o esférico por encima da meta de Jacobo. Todo mudou no último tramo de encontro onde o Alfoz se foi na procura do gol e puxo en moitos apuros ó Riotorto, Álvaro recortou diferenzas e os de Adolfo tiveron incluso algunha opción de lograr a igualada.

Check Also

Juan Peón durante un encontro

A Primeira Autonómica 16/17 xa coñece o seu calendario

  About Latest Posts José Manuel Lorenzo Latest posts by José Manuel Lorenzo (see all) …