sábado , 21 octubre 2017
Riotorto en Goiriz
O Riotorto celebra un gol nun encontro desta tempada

O Riotorto mantense firme e vence ó Sacido

 
2Riotorto: Carlos, Lourido, Roberto Carlos, Gene, Jesús Pablo, Iago, Christian, Corgo, Iván Seco, Martín e Hugo Méndez. Tamén xogaron Manolo, Rubén Rey, Chechu e Neira.

1 Sacido: Naya, Diego, Antonio, Edgar, Pipa, Cortiñas, Álex Fraga, Pablo Terroba, Rumi, Mora e David Díaz. Tamén xogaron David e Marcos.

g1-0 (min. 3) Edgar (pp). 2-0 (min. 7) Iván Seco. 2-1 (min. 16) Pipa.

rRiotorto: Hugo Méndez (3) Gene (2) Christian (1) Sacido: Mora (3) Pipa (2) Álex Fraga (1)

O Riotorto segue firme no máis alto da Segunda Autonómica Norte, o conxunto de Labrada venceu por 2-1 ó Sacido.

Un comezo soñado do Riotorto colocouno con dous a cero no marcador no comezo do encontro, un tanto de Edgar en propia porta e o segundo de Iván Seco, poñían moita terra de por medio no marcador. Os locais seguiron buscando a portería de Naya e tiveron boas opcións de gol aínda que non souberon materializalas. O Sacido aguantou o chaparrón sabendo que o encontro lle podía dar a súa oportunidade.

Un exceso de relaxación local xunto cunha maior determinación do Sacido, fixo que o conxunto visitante se metera no encontro e levara a intranquilidade á parroquia local que tivo sufrir para certificar os tres puntos. Pipa acortou distanzas e fixo crer ó Sacido na posibilidade de levar algún punto da Veiga, pero o resultado non se movería. O estado do terreo de xogo condicionou moito ós dous equipos que mostraron iso si, unha gran entrega e tamén un desgaste físico importante.

Check Also

Juan Peón durante un encontro

A Primeira Autonómica 16/17 xa coñece o seu calendario

  About Latest Posts José Manuel Lorenzo Latest posts by José Manuel Lorenzo (see all) …