sábado , 21 octubre 2017
Meira vs SD Guitiriz
Lance do Meira vs SD Guitiriz.

O Riotorto remonta e leva os tres puntos da Lomba

 
1 Meira: Samu, Portela, Cortón, Iván, Pablo, Fernando Corredoira, Pirata, Juan, Alberte, Eloy e Pirlo. Tamén xogaron Casal, Triunfante, Martín e David. 4 Riotorto: Alberto, Lourido, Roberto Carlos, Manolo, Gene, Román, Rubén Rey, Christian, Iván Seco, Jesús Pablo e Hugo Méndez. Tamén xogaron Zai, Neira e Eloy.

g1-0 (min. 15) Juan. 1-1 (min. 24) Hugo Méndez. 1-2 (min. 36) Christian. 1-3 (min. 68) Hugo Méndez. 1-4 (min. 88) Zai.

rMeira: Juan (3) Alberte (2) Fernando Corredoira (1) Riotorto: Christian (3) Hugo Méndez (2) Rubén Rey (1)

Xornada positiva para o Riotorto, o conxunto de Labrada venceu en Meira e iguala co Lourenzá tras a derrota deste ante o Foz.

O Meira comezou o choque ben plantado e mostrouse moi práctico, tivo un par de aproximacións e apenas sufría apuros na súa retagarda. Co cuarto de hora cumprido unha boa xogada de Iván, Pablo e Juan ía rematar co tanto deste último, foi o seu quinto tanto do que é o máximo artilleiro local con cinco goles. O Riotorto buscou o xogo directo cos seus dianteiros pero sen conseguir xerar excesivo perigo sobre a meta de Samu, ata que unha apertura de Cristian cara Hugo Méndez era finalizada polo extremo do Riotorto cun tiro cruzado que devolvía a igualdade ó marcador..

Antes do descanso o Riotorto ía darlle a volta ó resultado, un saque de banda tras ser prolongado en primeira instancia caía nos pés de Cristian que libre de marca superaba a Samu. Iván tivo a opción para conseguir a igualada antes do descanso pero non atinou a rematar a un metro da liña de gol da portería defendida por Alberto.

A segunda metade non deixou grandes ocasións pero o Riotorto co encontro controlado foise impoñendo co paso dos minutos, Hugo Méndez tras xogada persoal deixaba o encontro visto para sentenza co 1-3. No tramo final de encontro e co Meira cun xogador menos e o Riotorto ía anotar un tanto máis, Zai resolvía dentro da área cun lanzamento que se colaba no fondo da portería local.

O Riotorto recibe ó Goiriz a vindeira xornada mentres o Meira que rematou bastante descontento coa actuación arbitral visita ó Guitiriz.

 

Check Also

Fiz Rodríguez durante un encontro

A Preferente xa ten calendario

  About Latest Posts José Manuel Lorenzo Latest posts by José Manuel Lorenzo (see all) …