sábado , 21 octubre 2017
mondoñedo vs riotorto
Lance do Mondoñedo vs Riotorto

O Riotorto sae máis líder de Mondoñedo

 
0Mondoñedo: Adrián, Cendán, Genito, Marcos, Miguel, Juan, Felipe, Hamza, Aadil, Galicho e Ramallal. Tamén xogaron Jairo, Christian, Jacobo e Portela.

1 Riotorto: Carlos, Neira, Roberto Carlos, Manolo, Jesús Pablo, Iago, Cristian, Carlos, Iván Seco, Rubén Rey e Hugo Méndez. Tamén xogaron Chechu, Eloy, Gene e Lourido.

g0-1 (min. 8) Roberto Carlos.

rMondoñedo: Adrián (3) Miguel (2) Jairo (1) Riotorto: Rubén Rey (3) Hugo Méndez (2) Roberto Carlos (1)

Un gol de Roberto Carlos no comezo do encontro foi suficiente para o Riotorto na súa visita a Mondoñedo.

Cando ambos equipos se asentaban no terreo de xogo, Roberto Carlos lograba adiantar ó Riotorto. O gol condicionou o encontro e ante o intento dos locais por buscar a igualada os de Labrada buscaban saír en perigosas contras. No último tramo desta primeira metade tivo as mellores opcións o Mondoñedo, varios saques de esquina e un remate de Marcos que marchou preto do longueiro de Carlos foron as máis claras.

O guión non mudou na segunda metade, o Riotorto controlou o encontro e saíu con perigo á contra, tivo a sentenza en varias ocasións pero non conseguiu pechar o encontro. O corto do marcador mantivo vivo ó Mondoñedo que tivo a súa bala nunha ocasión de Aadil que resolveu Carlos con acerto.

Con estes tres puntos e os resultados que se deron na xornada o Riotorto aumenta as diferenzas cos seus perseguidores.

Check Also

Juan Peón durante un encontro

A Primeira Autonómica 16/17 xa coñece o seu calendario

  About Latest Posts José Manuel Lorenzo Latest posts by José Manuel Lorenzo (see all) …