sábado , 21 octubre 2017
mondoñedo vs riotorto
Lance do Mondoñedo vs Riotorto

O Riotorto venceu pola mínima en Abadín

 
0Abadín: Pardo, Rubén, Dani, Álex, Regueira, Gesto, Estévez, Suso, Fontao, Ambi e Ramiro. Tamén xogaron Isaac, Ángel, Álvaro e Miguel.

1 Riotorto: Alberto, Eloy, Lourido, Manolo, Jesús Pablo, Iago, Cristian, Carlos, Iván Seco, Martín e Chechu. Tamén xogaron Neira, Rubén e Carlos.

g0-1 (min. 8) Martín.

rAbadín: Álex (3) Isaac (2) Gesto (1) Riotorto: Lourido (3) Jesús Pablo (2) Martín (1)

O conxunto de Labrada sumou a súa novena victoria consecutiva tras impoñerse pola mínima en Abadín.

O encontro careceu de grandes ocasións e ía decidirse cun tanto de Martín dende o punto de penalti, aínda non se chegara ós dez minutos de xogo é o líder xa estaba por diante no marcador. Nesta primeira metade dentro da igualdade e das dificultades polo estado do terreo de xogo foron os visitantes os que dominaron o encontro.

Na segunda entrega o Abadín saíu na procura da igualada pero atopouse cun Riotorto moi solvente e que non ía deixar escapar a vantaxe no marcador. Os locais cos cambios introducidos e aproveitando un pequeno baixón físico do Riotorto seguiuno intentando ata o final pero non sería quen de quedar con ningún punto. A nota negativa do encontro a lesión de Carlos Pardo que tivo que deixar o campo a falta de vinte minutos para o final, Miguel tivo que ocupar o seu posto debaixo dos paus pois o Abadín non contaba cun porteiro reserva.

Check Also

Fiz Rodríguez durante un encontro

A Preferente xa ten calendario

  About Latest Posts José Manuel Lorenzo Latest posts by José Manuel Lorenzo (see all) …