sábado , 21 octubre 2017
Un intre do Sagrado Corazón - Taboada. | Imaxe: perrobarrenhovello.blogspot.com

O Sagrado Corazón da un paso adiante ante o Taboada na pelexa pola permanencia

 
2S. Corazón: Borja, Candal, Varela, Rochela, Leandro, Pisos, Romy, Anido, Kevin, Gómez e Borja. Tamén xogaron Luís Martín, Rai, Amarelo e Julio. 0Taboada: Roi, Potente, Nico, Pablo, Ibán, Poyán, Jaco, Fabio, Ivi, Emilio e Ríos. Tamén xogaron Ratón, Álex e Alberto.

g1-0 (min. 58) Romy. 2-0 (min. 80) Luís Martín.

O Sagrado Corazón colle aire a costa do Taboada nun encontro enfiado polos de Mourelos na segunda metade.

Nos primeiro intres do partido ambos equipos tanteáronse, co Taboada tentando levar a iniciativa, pero cun Sagrado Corazón máis incisivo e controlando ben o encontro na zona defensiva. A opción máis clara foi un disparo de Emilio que se estrelou no pau da meta de Borja.

Na reanudación o Sagrado conseguiu adiantárse aos 13 minutos cun tanto de Romy, tras unha xogada combinativa con asistencia de Pablo Gómez. Os tentaron controlar o partido, pero o Taboada volveu a enviar un balón ó pau por medio de Ratón. A falta de 10 minutos, nun córner a favor do Taboada, os visitantes reclamaron mans dun defensa e na seguinte acción Luís Martín batía á contra a Roi e pechaba o encontro.

Polo Sagrado Corazón destacaron Romy (3), Gómez (2) e Leandro (1).

Check Also

As crónicas de Futbollucense.com

A non participación do Sacido unha das novidades para a 2016/2017

 Coa finalización das fases de ascenso os conxuntos lucenses xa saben en que categoría competirán …