sábado , 21 octubre 2017
Un encontro do San Ciprián esta campaña. | Imaxe: Facebook Club Lemos

O San Ciprián tumba ó líder

 
2San Ciprián: Mada, Carlos, Fabián, Pablo, Miguel, Antón, Samu, Poceiro, Carra, Borja Mella e Aitor. Tamén xogaron Borja Rego, Quelle, Filipe e Edson.

1Milagrosa: Tomás, Javi Darriba, Alejandro, Iván, Manu, Luís Díaz, Michi, Bruno Castro, Óscar, Adrián e Diego Redondo. Tamén xogaron Luisón, Basadre, Tejeda e Quintana.

g0-1 (min. 8) Diego Redondo. 1-1 (min. 27) Pablo. 2-1 (min. 56) Poceiro.

O San Ciprián comezou o ano con victoria tras remontar ao líder, a Milagrosa, nun encontro no que os locais estiveron máis intensos durante os 90 minutos.

Comezou ben o partido para os de Madriles, que aos 8 minutos facían o 0-1 por medio de Diego Redondo, que rematou no primeiro pau un saque de esquina botado por Michi. O San Ciprián conseguiu facerse o dono do xogo, aínda que sen ocasións claras. Á media hora Pablo aproveitou un balón solto na área tras varios rexeites para empatar o partido. Incluso se puido adiantar o cadro mariñán antes do descanso, pero tras un mal entendemento entre Tomás e un defensa visitante, Manu sacou o balón de debaixo dos paus.

Na reanudación un disparo dende o medio do campo de Poceiro pillou adiantado a Tomás e convertiuse no 2-1 definitivo. A Milagrosa tentou o empate con máis corazón que cabeza nun treito final con menos continuidade no xogo.

No San Ciprián destacaron Samuel (3), Borja Mella (2) e Poceiro (1). Na Milagrosa os mellores foron Redondo (3), Michi (2) e Óscar (1).

Check Also

As crónicas de Futbollucense.com

A non participación do Sacido unha das novidades para a 2016/2017

 Coa finalización das fases de ascenso os conxuntos lucenses xa saben en que categoría competirán …