sábado , 21 octubre 2017
SD Guitiriz vs Santaballés
SD Guitiriz vs Santaballés | VP

O Santaballés levou os tres puntos na súa visita á SD Guitiriz

 
1 SD Guitiriz: Jesús, Novo, César, Diego Ferreiro, Suso, Jose, Mauro, Piti, Iván Labrada, Pablo e David Fernández. Tamén xogaron Iván Ansede e Jordi.

2 Santaballés: David, Marcos, Ferreiro, Dani, Chechu, Borja Bouza, Martín, Palomo, Dani González, Vérez e Adrián. Tamén xogaron Esteban e Nillo.

g1-0 (min. 19) Suso. 1-1 (min. 30) Dani González. 1-2 (min. 57) Adrián.

rSD Guitiriz: Jose (3) Pablo (2) Novo (1) Santaballés: Palomo (3) Dani González (2) Adrián (1)

O choque entre SD Guitiriz e Santaballés presentábase moi igualado e non defraudou, os locais adiantáronse pero o conxunto de Alberto Debasa conseguiu darlle a volta ó marcador.

O encontro comezou coa SD Guitiriz tentando ter a posesión do balón e controlar o xogo, este arranque foi difuminándose co paso dos minutos e o Santaballés comezou a crecer no encontro e a levar a iniciativa no xogo e comezou a chegar as inmediacións da área de Jesús cun Palomo que proporcionaba moita profundidade na banda dereita. Unha gran xogada colectiva da SD Guitiriz ía ser rematada por Suso no segundo pau para poñer por diante ós locais, o tanto non mudou a dinámica e o conxunto visitante seguiu a ter máis a iniciativa aínda que sen conseguir xerar ocasións claras.

A igualada no marcador chegaría coa media hora de xogo, un golpe franco do Santaballés colgado á área era despexado por Jesús e o rexeite convertíao en gol Dani González, o dianteiro do Santaballés conectou un gran lanzamento dende a frontal da área e comezaba o que a posteriori sería remontada visitante.

A segunda metade parecía discorrer polos mesmos derroteiros e o Santaballés dispuxo dunha ocasión que conseguiu salvar Jesús, tras esta acción o encontro mudou e a SD Guitiriz fíxose dona do encontro. Iván Labrada estrelou o balón na escuadra de David e o posterior rexeite no meta marchou a córner, pouco despois o colexiado anulaba un tanto ó conxunto local por fóra de xogo de David Fernández. Cando se chegaba ó cuarto de hora de xogo outra xogada a balón parado, nesta ocasión unha falta moi afastada, ía rematar con gol visitante, Adrián peiteaba o lanzamento e superaba ó meta local.

Tras uns minutos de desconcerto dos locais estes foron quen de acrecentar o dominio e meteron atrás a un Santaballés que tiña problemas para chegar a campo contrario. Os locais tiveron varias opcións claras para igualar pero non tiveron acerto ante o meta visitante David.

No último tramo do encontro chegarían as expulsións, Dani González era expulsado por dobre amoestación no Santaballés e Piti no bando local cando o colexiado xa decretara o final do choque.

Check Also

Fiz Rodríguez durante un encontro

A Preferente xa ten calendario

  About Latest Posts José Manuel Lorenzo Latest posts by José Manuel Lorenzo (see all) …