sábado , 21 octubre 2017
pretempada viveiro
Adestramento de pretempada do Viveiro CF | Facebook Viveiro

O Viveiro apuntala o seu ataque

 

O Viveiro segue a traballar na planificación do seu plantel, Rubén Fraguela, máis coñecido como Nes, é novo xogador do cadro celeste. Chega procedente do O Val e ven a completar unha liña de ataque moi ilusionante para o cadro de Manel Vidal.

O xogador nado en Cariño militou a tempada pasada no O Val da Rexional Autonómica, onde anotou 13 goles nos 29 encontros que disputou. Con anterioridade militara no Somozas, conseguindo un ascenso a Segunda B, e previamente no club do deu pobo natal.

O equipo xa traballa

Onte o primeiro equipo do Viveiro CF comezou a traballar ás ordes de Manel Vidal a espera de pechar os últimos retoques no plantel. No club están pendentes do futuro de Óscar Rivas que se atopa facendo a pretempada co CD Lugo, o seu regreso podería condicionar o número de incorporacións.

Check Also

Fiz Rodríguez durante un encontro

A Preferente xa ten calendario

  About Latest Posts José Manuel Lorenzo Latest posts by José Manuel Lorenzo (see all) …