sábado , 21 octubre 2017
CD Lugo vs Viveiro

O Viveiro infantil divisa o futuro con optimismo

 

Os celestes pasaron por un calendario caprichoso na Liga Galega infantil. Tras enfrontarse cos oito primeiros clasificados nas dez primeira xornadas, os de Lorenzo tiveron un dos seus primeiros test, contra un rival do seu “liga”, a pasada xornada e responderon cunha contundente vitoria por 0-8 a domicilio en Dumbría.

Polo tanto, os cativos de Lorenzo son moi optimistas de cara a seguir escalando moitos postos na Liga, para coller o máximo colchón de puntos de cara á segunda e determinante fase da competición.

Outro bo test terao contra o Portuarios, que visitará o Cembedo, e ao que os viveirenses poden adiantar na clasificación de obter o triunfo.

Check Also

Andrés Bouza e Antonio Lombardero

Andrés Bouza súmase ao proxecto do Sporting Pontenova

 Se fai uns días anunciaba a continuidade de Dani Moirón, agora é o turno da …