Sábado , 22 Julio 2017
Balon oficial para a tempada 2016/2017
Balon oficial para a tempada 2016/2017

Presentado o balón oficial da FGF para a tempada 2016/2017

 

A tempada 2016/2017 estreará unha importante novidade, todas as competicións oficiais disputaranse co balón oficial da FGF. Despois dun proceso selectivo o ente federativo presentouno na I Gala do Fútbol Galego.

O modelo Nike Premier Team FIFA será o modelo para a Preferente Galicia, Primeira Autonómica, Liga Galega Xuvenil, Cadete e Infantil , a División de Honra Cadete e a 1ª División Feminina Galicia.

O modelo Nike Club Team 2.0 será o modelo para o resto de categorías e tamén para as categorías de fútbol 8, neste caso en talla 4. Nestas categorías no caso de fútbol 11, poderá utilizarse o modelo Nike Premier Team FIFA.

A non utilización do balón oficial nos partidos oficiais, será consignado polo árbitro na acta do partido, sendo dita acción constitutiva dunha infracción tipificada no artigo 109 do Regulamento Disciplinario da FGF.

Os balóns oficiais poderán ser mercados unicamente a través do distribuidor oficial de Nike en España, Team Sports Distribuciones Deportivas. A FGF comunicará aos clubs o procedemento para adquirir os balóns.

CARACTERÍSTICAS E PREZO DOS BALÓNS OFICIAIS

Nike Premier Team Fifa 19€

  • Balón de gama alta con certificado de rendemento oficial FIFA
  • Nº autorización FIFA QUALITY PRO 259.A1B en laboratorio EMPA
  • Carcasa de poliuretano termoplástico cosida a man para ofrecer unha durabilidade e toque
  • excelentes.
  • Cámara de látex de seis aletas para favorecer un rebote potente e maior retención do aire.
  • Tecnoloxía Geo Balanced Technology para un voo máis preciso e fiable.
  • Composición: 46% goma, 22% poliuretano, 29% polyester, 3% algodón
  • Talla dispoñible: 5

Nike Club Team 2.0 12,50€

  • Balón de gama media con tecnoloxía de voo real
  • Recubrimento de goma reforzada para unha perfecta retención do aire e da presión de inflado
  • Composición: 47% goma, 18% poliuretano, 27% polyester, 8% algodón
  • Tallas dispoñibles: 4, 5

Check Also

Fiz Rodríguez durante un encontro

A Preferente xa ten calendario

  About Latest Posts José Manuel Lorenzo Latest posts by José Manuel Lorenzo (see all) …