sábado , 21 octubre 2017
A Veiga (Riotorto)
Estado no que rematou o terreo de xogo

Riotorto e Cospeito asinan táboas nunha Veiga impracticable

 
1 Riotorto: Carlos, Gene, Neira, Román, Jesús Pablo, Iago, Hugo Méndez, Christian, Seco, Carlos e Corgo. Tamén xogaron Chechu e Eloy.

1 Cospeito: José Antonio, Tito, Diego Rábade, David, Arry, Xavi, Puty, Congui, Jairo, Álex Lamela e Nano. Tamén xogaron Cabana, Lalo, Álex Rábade e Freire.

g1-0 (min. 70) Jesús Pablo. 1-1 (min. 77) Jairo.

dRiotorto: Iago (3) Corgo (2) Jesús Pablo (1) Cospeito: José Antonio (3) Jairo (2) Nano (1)

O líder Riotorto igualou ante o Cospeito nun encontro condicionado polo estado do terreo de xogo.

O encontro foi moi intenso e en moitos tramos de ida e volta, pronto tivo unha boa opción Jairo para o Cospeito pero nin no seu primeiro remate nin no posterior rexeite foi quen de superar a Carlos. Jairo foi o maior perigo do Cospeito, xerou primeiro un centro que Nano non foi quen de converter en gol e posteriormente o propio Jairo tivo nas súas botas unha nova ocasión que detivo de novo Carlos. Nesta primeira metade o Riotorto buscou xerar perigo no balón parado pero aí emerxeu a figura de José Antonio que se mostrou moi seguro neste tipo de accións. Hugo Méndez en sendas internadas por banda que remataron nas mans de José Antonio e Seco con dous remates que marcharon fóra tiveron as mellores opcións para os locais.

O estado do terreo de xogo obrigou a ambos conxuntos a un gran esforzo que pagaron na segunda metade, o ritmo baixou e as chegadas ás porterías tamén. Jesús Pablo ía lograr adiantar ós locais nunha xogada de estratexia, un tanto que parecía podía ser definitivo pola dificultade de poder xogar nas condicións que se atopaba o terreo de xogo. Cinco minutos despois Jairo, tras asistencia de Nano, conseguiu superar por fin a Carlos cun lanzamento coa perna esquerda ante o que nada puido facer o meta.

Ata o final ambos conxuntos libraron unha batalla futbolística no medio da lama da Veiga, o Riotorto acumulou xogadores no seu ataque na procura de acadar os tres puntos pero o marcador xa non se movería.

Check Also

Fiz Rodríguez durante un encontro

A Preferente xa ten calendario

  About Latest Posts José Manuel Lorenzo Latest posts by José Manuel Lorenzo (see all) …