lunes , 25 septiembre 2017
Presentación do Campus do Rácing Vilalbés | Imaxe: Rácing Vilalbés

Roberto Trashorras apadriña o campus do Rácing Vilalbés

 

O Rácing Club Vilalbés celebrará o seu primeiro Campus de Fútbol con Roberto Trashorras como padriño. O futbolista de Rábade e outros xogadores profesionais visitarán os rapaces participantes, que poderán disfrutar do deporte rei e doutras actividades de ocio e tempo libre, ponencias sobre deporte e charlas sobre regras de xogo ou nutrición.

O campus terá lugar en Vilalba en dous turnos: do 22 ao 27 de xuño e do 29 ao 4 de xullo con horarios de 9:30 a 14 e de 16 a 20 horas. Os sábados o horario será de 9:30 a 14 horas.  Dirixirano licenciados en Ciencias da Atividade Física e do Deporte, acompañados por adestradores, monitores de ocio e tempo libre, nutricionistas, árbitros, fisioterapeutas e un coach deportivo, todos titulados.

A inscripción permanece aberta cun prezo de 130 € para os xogadores do Rácing Vilalbés e fillos de socios ou membros de familia numerosa. Para o resto de participantes terá un custo de 150 euros. Na inscripción inclúense dúas equipacións de fútbol, dúas merendas diarias (a media mañá e media tarde), merchandising do campus e a comida a mediodía cun prezo de 20 euros a maiores.

Pódese realizar a inscripción a través da rede ou nas oficinas do Rácing Vilalbés no Estadio Roca.

Check Also

Alberto Lamas “Make”

Make deixa o Vilalbés rumbo á SD Compostela

 O RC Vilalbés segue traballando na confección do plantel de cara a vindeira tempada, nestas …