sábado , 21 octubre 2017

Sacando forzas de flaqueza

 
2Chantada B: Suizo, Diego, Adri (Pateiro, min 90), Rodrigo, Jordi, Cristian, Tara (Cubano, min 70), Pulpis, Rubén (Pinto, min 85), Adrián e Pablito (José Carlos, min 80)

1 Palas: Yoni, Koeman, Marcos Senande (Fer Souto, min 80), Caño, Suso, Santi (Iván, min 65), Mendoza, Juanjo (Martín, min 75), Álvaro, Chorén e David Mato

g0-1 (min. 15) Koeman. 1-1 (min. 50) Tara. 2-1 (min. 66) Adrián.

Tardará o Chantada B en olvidar este partido e tamén tardará en esquecelo o Palas. O filial chantadino remonta e vence e colócase cos mesmos puntos que o Rubián e a cinco do líder, Antas. O Palas cae a postos de descenso de novo con 15 puntos e ten a salvación a dous puntos.

Comezou o partido frenético e o Palas adiantouse pronto por medio do defensa Koeman. O Chantada non atopaba o pulso do partido e a pesar de que merodeaba a area celeste non conseguiu empatar. Na segunda parte, Tara atoparía o camiño do gol e empataría no minuto 5. A renglón seguido a expulsión de Mendoza para o Palas precedeu ó tanto do capitán Adrián que culminaba unha remontada con máis corazón que cabeza do Chantada. O sufrimento non acabaría ahí e o propio Adrián pasaría de héroe a villán coa súa expulsión no minuto 72. Co equilibrio de forzas o Palas buscou con ahínco o empate pero o Chantada conseguiu evitalo e suma tres puntos sufridos pero finalmente, merecidos.

Check Also

Fiz Rodríguez durante un encontro

A Preferente xa ten calendario

 Os conxuntos lucenses xa coñecen o calendario da nova tempada na Preferente. Dos sete conxuntos …