sábado , 21 octubre 2017
Un intre do San Ciprián - Taboada | Imaxe: perrobarrenhovello.blogspot.com

Taboada e San Ciprián igualan na Veiga

 
1S. Ciprián: Madariaga, Carlos, Filipe, Fabián, Morás, Quelle, Álvaro, Poceiro, Carra, Antón e Borja Mella. Tamén xogaron Miguel Gomes, Borja Rego e Jesús. 1Taboada: Roi, Fabricio, Pablo, Potente, Álex, Raton, Jacobo, Poyán, Fabio, Ivi e Emilio. Tamén xogaron Nicolás, Manu e Iván.

g0-1 (min. 11) Jacobo. 1-1 (min. 72) Jesús.

Taboada e San Ciprián empataron a 1 tanto na Veiga nun encontro nivelado no que o control do esférico foi local e as ocasións visitantes.

Na primeira metade o equipo de Chuski foi dono do balón sen xerar perigo. O Taboada tivo as mellores oportunidades e froito desa maior pegada chegou o tanto de Jacobo tras unha xogada por banda de Emilio e Fabio, que serviu o pase da morte para que o goleador branquiazul chegando dende atrás perforase a meta visitante. Pablo enviou tamén para os taboadeses un balón ó pau.

No segundo tempo, tamén moi igualado, o San Ciprián conseguiu empatar nunha das súas poucas chegadas cun golazo á saída dun córner de Jesús a falta de 20 minutos.

No Taboada destacaron Potente (3), Jacobo (2) e Fabio (1). No San Ciprián os mellores foron Poceiro (3), Antón (2) e Quelle (1).

Check Also

As crónicas de Futbollucense.com

A non participación do Sacido unha das novidades para a 2016/2017

 Coa finalización das fases de ascenso os conxuntos lucenses xa saben en que categoría competirán …