sábado , 21 octubre 2017
Un lance do Taboada - Valadouro. | Imaxe: perrobarrenhovello.blogspot.com

Taboada e Valadouro comezan o ano coa mira avariada

 
0Taboada: Roi, Álex, Pablo, Nico, Ibán, Álex Ratón, Ivi, Fabio, Montes, Jacobo e Poyán. Tamén xogaron Aitor, Manu, Potente e Alberto.

0Valadouro: David, Joni, Pedro, Carlos, Víctor, Diego, Joao, Juan Pablo, Manolo, Copete e Karri. Tamén xogaron Suso, Cándido e Trigo.

Taboada e Valadouro igualaron sen goles no peche da primeira volta na Primeira Autonómica, tras un encontro no que ningún dos equipos estivo atinado cara o marco rival, pese a gozar de oportunidades.

Na primeira metade foi superior o Taboada, que dispuxo de varias accións francas para marcar, aínda que sen acerto na definición. No segundo tempo o Valadouro púxose o mono de faena e mellorou as prestacións para rabuñar o punto final, aínda que ben puido levar os tres de non salvar Roi para os seus un man a man a Manolo no minuto 90.

Destacaron polo Taboada Montes (3), Jacobo (2) e Iván (1).No Valadouro os mellores foron Joni (3), Joao (2) e Manolo (1).

Check Also

As crónicas de Futbollucense.com

A non participación do Sacido unha das novidades para a 2016/2017

 Coa finalización das fases de ascenso os conxuntos lucenses xa saben en que categoría competirán …