Sábado , 22 Julio 2017

Tag Archives: becerreá

Un sólido Lemos aloumiña o ascenso tras gañar en Becerreá

 O Lemos segue achegándose ao ascenso tras impoñerse por 0-3 ao Becerreá nun partido aberto e con moitas oportunidades para ambos bandos. O Becerreá tivo a posesión do xogo no primeiro acto, e xa enviara un balón ao pau aos 2 minutos. O Lemos respostaba despois con dous balóns á madeira e os tantos de Jarju, un nunha acción a …

Ampliar »

O Taboada ensáñase cun débil Becerreá

 O Taboada impúxose con merecemento a un romo Becerreá na Medela nun encontro dominado dende o primeiro minuto polo cadro de Emilio García. Os locais saíron máis enchufados ao encontro e nos primeiros minutos xa fixo intervir a Nicandro, con dúas paradas de mérito. Aos 21 minutos marcou Ríos tras pelexar un balón cos centrais e definir cunha vaselina. Isaías …

Ampliar »

Nica salva ao Becerreá da goleada e dalle os 3 puntos

 O Iberia estrelouse durante os 90 minutos cun inconmensurable Nica, que salvou ao Becerreá dunha goleada e enviou os 3 puntos cara a Montaña. O Iberia controlou por completo o encontro, e tivo ata 8 ocasións claras para inaugurar o marcador, pero entre o desacerto nos últimos metros e un gran Nica, os primeiros 45 minutos remataron con empate sen …

Ampliar »

Becerreá e Páramo reparten puntos nun partido nivelado

 Becerreá e Páramo empataron a 2 tantos no Municipal nun encontro no que os locais concederon moitas facilidades a nivel defensivo. O Páramo comezou mellor o encontro e adiantouse por medio de Borja. Posteriormente igualou Chiqui pero antes do descanso, nun erro da defensa local, marcou Fontal para o Páramo. Na segunda metade o cadro da Montaña mellorou as súas prestacións e co …

Ampliar »

O Muimenta demostra a súa fortaleza no Pichón ante o Becerreá

 O Muimenta encadea a súa sexta victoria nos últimos sete encontros disputados no Pichón tras doblegar por 2-1 ao Becerreá nun partido moi igualado. Nunha primeira metade moi igualada, golpeou primeiro o Becerreá por medio de Nando. Con todo, Casi igualaba ao fío do descanso nun intre psicolóxico, que lle pasou factura ao cadro visitante na segunda parte. Na reanudación o Muimenta …

Ampliar »

Folgueiro e San Roque arrefrían a champaña

folgueiro matela

 UD Folgueiro e San Roque poden ser esta fin de semana equipos de Segunda Autonómica. Tanto no grupo norte como no sur quedan 15 puntos por disputarse, e ambos conxuntos están en condicións na próxima fin de semana de deixar unha marxe de máis de 12 puntos co terceiro clasificado. No caso do Folgueiro, con 10 puntos de marxe sobre …

Ampliar »

Competición ordea repetir o Monterroso – Becerreá xuvenil

José Adrián Rodríguez

 O Comité de Competición da Federación Galega de Fútbol decidiu, tras a reclamación do Monterroso, que se repita o encontro da Liga Autonómica xuvenil no seu grupo Sur entre o cadro de Cerdeiriños e a SD Becerreá. Competición dalle a razón ao Monterroso, que pedira a repetición do partido pola imposibilidade do colexiado designado para o encontro, José Adrián Rodríguez …

Ampliar »

O Becerreá continúa en zona nobre

 O Becerreá impúxose ó Cabreiros nun encontro que se decidiu na segunda metade e que lles serve ós vermellóns para continuar asentados na zona nobre da clasificación. Adiantáronse os visitantes aos 8 minutos por medio de Narci e ao fío do descanso igualou Palle. Na reanudación o encontro caeu do lado local. O Cabreiros, que deu facilidades defensivas na segunda metade, viuse por …

Ampliar »

Valadouro e Becerreá igualan nun encontro con lecturas distintas

 Valadouro e Becerreá non foron quen de mover o marcador no Árbol nun encontro no que os visitantes tiveron claras oportunidades de vencer. Segundo Antón, adestrador do Becerreá, “só a nosa falta de puntería e o acerto do meta local nos privaron de sumar os tres puntos, no que foi o noso encontro máis completo fóra da casa, sen apenas …

Ampliar »

Un Pastoricense moi serio vence ó Becerreá

 O Pastoricense impúxose por 1-0 ó Becerreá nun encontro moi igualado no que os locais melloraron a súa faceta defensiva con respecto a anteriores partidos. Ambos conxuntos tanteáronse na primeira metade, cos primeiros minutos para os visitantes, aínda que os brancos foronse asentando no terreo de xogo co paso do tempo. O colexiado anuloulle un gol ao Becerreá por fóra …

Ampliar »