lunes , 25 septiembre 2017

Tag Archives: burela

Suso Martínez marcha agradecido

Suso Martínez

 Tras dúas tempadas no conxunto da Marosa, Suso Martínez, puxo punto e final á súa estadía no banco do Burela. Faino agradecido á directiva por a oportunidade dada e xa pensando no seu futuro máis inmediato. Moi agradecido se mostra Suso Martínez pola oportunidade que lle brindou o Burela, conxunto que, na súa opinión “é un dos mellores e máis …

Ampliar »

O Burela vence en Cabreiros e deixa aos locais en perigo

 O Burela impúxose por 0-2 na Acea ao Cabreiros nun partido no que os verdes non pasaron excesivos apuros para facerse cos tres puntos. O cadro mariñán adiantouse ao fío da media hora cunha acción individual de Jandri. Os verdes dispuxeron de varias oportunidades para ampliar a vantaxe no primeiro acto. Na reanudación o Cabreiros saiu con máis forza e …

Ampliar »

Derbi tolo na Veiga con premio para o Burela

 O Burela levouse o derbi Mariñán ante o San Ciprián tras darlle a volta ao encontro nos últimos 15 minutos, cando os locais estaban con inferioridade. Na primeira metade o San Ciprián foi superior, e púxose por diante cos tantos de Samuel e Rodrigo. Na reanudación o cadro visitante mellorou as súas prestacións e recurtou distancias por medio de Moreda …

Ampliar »

O Outeiro sofre para vencer en Burela

 Os afeccionados que chegaron un cuarto de hora tarde á Marosa non puideron ver goles. Nos primeiros quince minutos acabou por decidirse o encontro entre Burela e Ribadeo, a pesar de que houbo alternativas durante os 90. Adiantáronse os locais, aos 9 minutos cunha boa xogada que culminou Adrián Maseda. Acto seguido, empatou o Outeiro por medio de Márquez, ao recoller un segundo …

Ampliar »

O Lemos leva o partido ante o Burela con 10

 O Club Lemos encadeou a súa sétima victoria consecutiva ao vencer por 0-2 ao Burela na Marosa nun encontro que se decidiu na segunda metade. O encontro, marcado polo intenso vento no campo mariñán, foi do Burela na primeira metade. Os verdes, en base a balóns longos e despexes, puxeron en apertos aos centrais lemistas, que souberon interpretar á perfección esa …

Ampliar »

O Burela continúa nunha xeira espectacular

 O Burela venceu por 1-2 ao Pastoricense nun encontro moi igualado no que os visitantes souberon administrar a vantaxe de dous goles acadada ao comezo da segunda metade. Comezou mellor o cadro local, con dúas boas chegadas nos primeiros intres que non atoparon rematador na área local. O Burela foise asentando no terreo de xogo e tamén gañou presenza na área rival, …

Ampliar »

A Milagrosa regresa a postos de privilexio cun doblete de Carlos

 Un doblete de Carlos deulle os tres puntos á Milagrosa ante o Burela que o devolven a postos de ascenso tras o traspés do Outeiro. Nun primeiro tempo igualado, aínda que con máis chegadas locais, Carlos adiantou ao conxunto de Madriles logo dunha boa xogada colectiva. Co 1-0 chegouse ao descanso. Na reanudación a Milagrosa, máis intensa, apenas viu perigar a …

Ampliar »

O Burela vence ó Polvorín nun encontro gris

 O Burela venceu ó Polvorín por 2-0 na Marosa logo de 90 minutos grises por ambas partes. Adiantáronse os locais na primeira metade, á media hora cunha acción técnica de Cristian. Na reanudación Jandri fixo o 2-0 logo dun penalti moi discutido polos amarelos. Os de Juan Carlos Rodríguez puideron meterse no partido a falta de 15 minutos de non errar Dani Renda …

Ampliar »

Dous goles de Jaime sérvenlle ó Burela para remontar

 Dous tantos de Jaime na segunda metade serviron para que o Burela remontase e se levase os tres puntos ante o Sagrado Corazón nunha tarde sobranceira para os locais, na que presentaron todos os seus equipos de base, vivíndose un gran ambiente nas Gándaras. Comezou ben o encontro para os branquiazuis, que se adiantaron aos 5 minutos cun gol en propia meta de Cris tras un saque …

Ampliar »

Volve a maxia de Ánxel ao Burela para rescatar un punto

 SD Burela e SD O Páramo igualaron a 1 tanto nas Rapadas no primeiro encontro do ano nun partido no que os locais se mostraron moi disconformes coa actuación arbitral. Ánxel, que volvía vestir a camisola verde tras dous anos inactivo, foi o nome propio do encontro ao empatar para os seus no desconto cunha falta directa maxistral. O Burela foi superior …

Ampliar »