Sábado , 22 Julio 2017

Tag Archives: Cabreiros

Alberto López e Paco Rivera abandonan Xove e Cabreiros

 Alberto López e Paco López Rivera son os dous primeiros adestradores da Primeira Autonómica lucense que abandonan o banco dos seus equipos. Segundo lle trasladou a directiva do Xove-Lago a futbollucense.com, Alberto López e o club decidiron de mutuo acordo poñer fin á súa relación contractual. Dende a entidade xovense quixeron agradecerlle a Alberto López os servizos prestados durante a última …

Ampliar »

O Monterroso sálvase, o Cabreiros baixa e o Sagrado Corazón está nas mans da Residencia

 Tra-la última xornada do campionato na Primeira Autonómica de Lugo, a SD Monterroso, que non saíra dos postos de descenso en toda a competición, venceu ao Sagrado Corazón por 0-2 e conseguiu a permanencia na Primeira Autonómica. Os de Josito impuxéronse con tantos de Diego aos 10 minutos dende o punto de penalti e de Lorenzo cando esmorecía o partido …

Ampliar »

O Sagrado Corazón – Monterroso será chave para o descenso en Primeira

 O descenso na Primeira Autonómica decidirase na última xornada da competición, e dependerá do que sexan quen de facer os representantes lucenses na Preferente Norte. O Sagrado Corazón deixouse dous puntos en San Ciprián (1-1) e métese de cheo na pelexa por evitar o descenso. Xogarase todo a cara ou cruz a próxima fin de semana nas Gándaras ante o …

Ampliar »

O Polvorín depende de sí para acadar a permanencia

 Polvorín, Cabreiros e Monterroso xogaranse entre eles unha ou dúas prazas de descenso na Primeira Autonómica de Lugo. O cadro amarelo, logo de vencer por 2-3 en Bóveda con tantos de Dani Renda, Jonatan Cobas e Robson, depende de si mesmo para manterse na categoría. Cunha victoria ante o Valadouro na casa ou na súa visita a Cabreiros na última …

Ampliar »

O Burela vence en Cabreiros e deixa aos locais en perigo

 O Burela impúxose por 0-2 na Acea ao Cabreiros nun partido no que os verdes non pasaron excesivos apuros para facerse cos tres puntos. O cadro mariñán adiantouse ao fío da media hora cunha acción individual de Jandri. Os verdes dispuxeron de varias oportunidades para ampliar a vantaxe no primeiro acto. Na reanudación o Cabreiros saiu con máis forza e …

Ampliar »

Cabreiros e Valadouro asinan táboas

 Cabreiros e Valadouro empataron a 1 tanto no campo da Acea nun encontro que viu os dous tantos no primeiro tempo. Adiantáronse os visitantes cun tanto de Joao, que sorprendeu a Carlos tras unha xogada pola banda esquerda do conxunto amarelo. Segundo Paco, adestrador do cadro branco, “o Cabreiros levou máis a iniciativa” e empatou cun penalti que lle detivo …

Ampliar »

O Pastoricense salva un punto en Cabreiros no desconto

 Cabreiros e Pastoricense empataron a 1 tanto na Acea tras 90 minutos de intensidade e pouco fútbol nos que os locais foron superiores na primeira hora de partido e os visitantes nos últimos 30 minutos. Na primeira metade Ivo salvou con tres paradas a queimarroupa na área pequena ao Pastoricense tras centros laterais ben rematados polos xogadores do Cabreiros. O …

Ampliar »

Match-ball para o Cabreiros ante o Sagrado Corazón

 O Cabreiros remontou nos últimos 15 minutos o tanto inicial do Sagrado Corazón para levarse tres puntos de ouro na pelexa pola permanencia na Primeira Autonómica de Lugo. Sobre un terreo de xogo da Acea impracticable o cadro de Mourelos adiantouse á media hora cun gol lonxano de Pisos que aproveitou un despexe centrado do meta local Carlos para sorprendelo …

Ampliar »

O Becerreá continúa en zona nobre

 O Becerreá impúxose ó Cabreiros nun encontro que se decidiu na segunda metade e que lles serve ós vermellóns para continuar asentados na zona nobre da clasificación. Adiantáronse os visitantes aos 8 minutos por medio de Narci e ao fío do descanso igualou Palle. Na reanudación o encontro caeu do lado local. O Cabreiros, que deu facilidades defensivas na segunda metade, viuse por …

Ampliar »

O Xove-Lago mata ó Cabreiros á contra

 O Xove-Lago impúxose por 0-3 ao Cabreiros nun encontro no que os de Alberto López deixaron o encontro visto para sentenza no primeiro tempo con 3 tantos. Os mariñáns fixeron tres goles á contra na primeira metade por medio de Chile a pase de Álex Meitín, que faría o segundo dos verdes logo de que Diego Chao lle servise un coiro franco. Juanjo Coello fixo o terceiro a 7 minutos para o …

Ampliar »