lunes , 25 septiembre 2017

Tag Archives: candelaria

Foz e Candelaria aínda non coñecen a derrota na 2ª Norte

plantel cd foz

 Tras 8 xornadas de campionato na Segunda Autonómica Norte, o CD Foz e a SD Candelaria son os únicos equipos da liga que aínda non coñecen a derrota. O cadro albivermello conta con 20 puntos e os cervenses con 18. O CD Foz, que non sabía o que era encaixar un gol ata a última xornada, recibiu dous de mans …

Ampliar »

A Candelaria vence á SD Guitiriz nun campo impracticable

sd guitiriz vs candelaria

 Un solitario tanto de Bruno deixou os tres puntos na Rúa, a Candelaria conseguiu manter a vantaxe a pesar do empuxe da SD Guitiriz na procura da igualada. O choque careceu de fútbol, aspecto previsible polo estado do terreo de xogo, ambos conxuntos saíron coa premisa de buscar a profundidade por bandas, único lugar onde minimamente se podía combinar. A …

Ampliar »

O Riotorto vence á Candelaria e continúa terceiro

lourenzá vs riotorto

 Unha vez máis o estado da Veiga marcou o desenvolvemento do encontro, o Riotorto conseguiu quedar con tres importantes puntos que o manteñen vivo na loita polo ascenso mentres a Candelaria segue na zona media da táboa. Unha xogada individual de Cristian finalizada polo mesmo cun lanzamento dende a frontal da área ía poñer por diante ó Riotorto cando aínda …

Ampliar »

O Lourenzá recupera postos de ascenso tras vencer en Riotorto

sd guitiriz vs xermade

 A pelexa polo ascenso na Segunda Autonómica Norte segue a deparar alternativas xornada tras xornada, a victoria do Santaballés consolidao na primeira posición mentres o Lourenzá recupera a segunda praza en detrimento do Riotorto. O encontro da xornada medía a Riotorto e Lourenzá, o resultado do mesmo definiría quen remataría a xornada en postos de ascenso. Un solitario tanto de …

Ampliar »

O Santaballés dá un paso de xigante en Foz

Xermade vs Mondoñedo

 A xornada na Segunda Autonómica Norte deixou interesantes novidades, tanto na parte alta como na baixa se produciron resultados que poden marcar a tempada. O Santaballés gañou cun contundente 0-3 en Foz, conxunto que chegaba en 3ª posición. O marcador foi rotundo aínda que o Foz tivo as súas opcións no comezo do encontro e tamén co resultado xa moi …

Ampliar »

O Alfoz confirma a súa melloría vencendo á Candelaria

alfoz vs candelaria

 O Alfoz encadea catro xornadas sen perder e as mesmas sen encaixar un gol, ante a Candelaria aproveitou dous tantos no comezo e final do encontro para quedar cos tres puntos. O choque entre Alfoz e Candelaria non foi moi vistoso de cara o espectador, a Candelaria tivo o control do balón pero penalizou os seus erros e a súa …

Ampliar »

O Abadín toma aire tras vencer á Candelaria

Candelaria vs Abadín

 O encontro moi condicionado pola gran cantidade de auga que presentaba o terreo de xogo deixou dúas metades moi diferenciadas, na primeira a Candelaria foi polo encontro e aproveitando o forte vento conseguiu pechar ó Abadín na súa área. Os locais dispuxeron de catro ocasións moi claras que a boa labor defensiva visitante evitou que remataran en gol. Na segunda …

Ampliar »

Javi Celes liderou a victoría da Candelaria ante a Pontenova

javi celes

 A Candelaria guiada por un acertado Javi Celes derrotou con claridade á Pontenova, os de Dani Moirón desapareceron na segunda metade e remataron goleados. Na primeira metade reinou a igualdade, a gran cantidade de auga que tiña o terreo de xogo fixo que o xogo por abaixo fose difícil, nestas condicións os locais buscaron o xogo por bandas e a …

Ampliar »

Pena máxima para o Goiriz

goiriz lourenzá

 O Goiriz conseguiu frear a sangría de goles encaixados das últimas xornadas e acadou un empate ante a Candelaria. O encontro non foi excesivamente vistoso para os afeccionados, xogo directo e un encontro onde o xogo se vía constantemente interrompido. Comezou mellor o Goiriz que dominou o encontro na primeira media hora de xogo, tivo a súa gran ocasión nunha …

Ampliar »

Julio Castro deixa o banco da Candelaria temporalmente

julio castro

 O técnico da Candelaria, Julio Castro, poñerá un punto e seguido no banco do conxunto da Rúa. Motivos persoais fan que deixe o seu posto cando menos temporalmente. David Maseda que viña exercendo as labores de segundo adestrador tomará o testemuño como máximo responsable técnico logo que dende todos os ámbitos do club decidiran non fichar outro técnico a espera …

Ampliar »