Sábado , 22 Julio 2017

Tag Archives: crónicas

O San Román vence a un Barreiros que acabou con 9

matela vs San Román

 O San Román conseguiu remontar na segunda metade e quedar cos tres puntos no choque co Celta Barreiros. Na primeira metade o encontro foi moi disputado con ocasións para ambos equipos e na que o Celta Barreiros se adiantaría cun gol de Josinho, o xogador visitante aproveitou un servizo de Dani e logrou un gran gol cun disparo ante o …

Ampliar »

O Catro Roldas non tivo piedade do Cazás

Matela vs Catro Roldas

 Festival goleador do Catro Roldas ante o Cazás nun encontro no que os visitantes desapareceron na segunda parte. A primeira metade foi máis nivelada, o Catro Roldas non tardou en adiantarse por medio de Marcos pero o Cazás non lle perdeu a cara ó encontro, contivo os ataques locais ata que Álex Gacio situou o 2-0 no marcador, con este …

Ampliar »

O Matela gaña pola mínima en Codesido

Matela vs Catro Roldas

 O Codesido segue ocupando o derradeiro posto na táboa logo de perder pola mínima ante o Matela. O encontro foi moi nivelado donde as ocasións brillaron pola súa ausencia para ambos conxuntos. Un gol de Rubén Sarceda tras remate á saída dun córner foi suficiente para o Matela que segue ocupando postos de play-off. O Codesido visita na vindeira xornada …

Ampliar »

Adrián foi chave na victoria do Roupar ante a Ferroviaria

Formación Roupar

 Encontro moi igualado entre Roupar e unha Ferroviaria que causou unha boa impresión a pesar de marchar sen ningún punto. O goleador local Adrián adiantou ó Roupar cando se superaba o primeiro cuarto de hora de xogo dende o punto de penalti. A Ferroviaria foi na procura do empate e adiantou liñas, froito que obtivo cando un erro da zaga …

Ampliar »

O Celeiro venceu ó Cervo nun encontro cheo de alternativas

celeiro

 Emocionante encontro o disputado por Celeiro e Cervo que rematou con victoria local nun choque con moitas alternativas. O encontro foi igualado e disputado de poder a poder, superados os dez minutos de xogo unha xogada por banda do Celeiro ía rematar co gol de Cora tras remate dende o punto de penalti. Diego Rivas igualaría dende os once metros …

Ampliar »

O Riotorto levou o derbi

Riotorto en Goiriz

 O derbi entre Riotorto e Pontenova quedou na casa grazas a un gol de Martín nos últimos minutos. O encontro foi típico dun derbi e deixou unha primeira metade de moita loita e igualdade sen casi ocasións de gol claras para ningún conxunto aínda que os locais tiveron o control do choque e probaron en varias ocasións a Rubenón. Os …

Ampliar »

Oli decide para o Santaballés

Santaballés vs SAcido

 Nun dos choques máis apaixoantes da xornada o Santaballés venceu pola mínima a un Sacido que causou unha boa impresión. O Santaballés levou a iniciativa na primeira metade e foi quen de xerar varias ocasións de gol pero non conseguiu materializalas, os mariñáns non conseguiron neutralizar o empuxe local e non tiveron claridade en ataque. Un gol de Oli no comezo da segunda …

Ampliar »

A Candelaria asalta o Martínez Otero

Encontro Foz

 A Candelaria logrou levar do Martínez Otero os tres puntos nun encontro que decidiu o solitario tanto de Juanito. O Foz tentou facerse dono do encontro dende o inicio pero topou cunha Candelaria coas ideas moi claras, ben arroupada e que non sufría en exceso coas longas posesións locais que carecían de productividade. Co paso dos minutos o Foz acusaba …

Ampliar »

O Folgueiro remonta ante o Ourol

Folgueiro vs Ourol

 O Folgueiro tivo que redobrar esforzos para quedar con tres puntos que o Ourol vendeu moi caros. O Folgueiro tivo o control do esférico ante un Ourol que non quixo disputar o control do mesmo e tentou buscar defenderse ben e sorprender nunha contra. A posesión non se traduxo en ocasións para os locais que tiveron as opcións máis perigosas …

Ampliar »

Pol e Abadín repartiron os puntos nos últimos minutos

Abadín vs Alfoz

 Táboas entre Pol e Abadín que seguen inmersos nunha zona compricada da clasificación. A primeira metade careceu de moito dinamismo e ambos conxuntos firmaron 45 minutos sen apenas xogadas que reseñar. O Pol inquietou algo máis a meta de Pardo, centros a área e balóns a espalda dos centrais foron as súas principais armas. O Abadín fíxose co dominio na …

Ampliar »