lunes , 25 septiembre 2017

Tag Archives: fútbol

O Cervo fai unha revolución no seu plantel

Plantel do Cervo a pasada tempada

 Dani Ribadulla afronta o reto de devolver á SD Cervo a Segunda Autonómica nunha campaña de cambios profundos no equipo mariñán. 14 baixas e 17 altas fan que o novo Cervo sexa totalmente distinto ó que caeu á Terceira Autonómica o pasado curso.

Ampliar »

A Área de Deporte da Deputación adxudicou as axudas a clubs deportivos

Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación

 A Deputación de Lugo aprobou, a instacia da Área de Deporte da Deputación de Lugo comandada por Antonio Veiga, as axudas a clubs deportivos para o ano 2014, ascendendo a un total de 500.000 euros repartidos en 962 expedientes por distintos conceptos. A cuantía total de axudas aos equipos continúa estable con respecto a 2013, aínda que o reparto por …

Ampliar »

A Primeira Autonómica de Lugo xa ten calendario

Un lance dun encontro da pasada campaña entre Burela e Polvorín

   A Federación Galega de Fútbol deu a coñecer os calendarios dos cinco grupos da Primeira Autonómica para o vindeiro curso futbolístico 2014-2015.

Ampliar »

O Valadouro continúa recompoñéndose

Dani Daniel

 O Valadouro continúa montando o equipo a contrarreloxo para competir a campaña que vén na Primeira Autonómica de Lugo. José Manuel vén de conseguir tres novas fichaxes para o club amarelo: son Joao, Luchi e Dani Daniel.

Ampliar »

Adolfo terá 11 caras novas no Alfoz

Un encontro de pasadas campañas do Alfoz

 Tra-lo descenso de Primeira Autonómica, o CD Alfoz fixo un lavado de cara total para a tempada 2014-2015. Adolfo seguirá á fronte dun equipo con 11 novidades, aínda que boa parte delas xa contan con pasado no club verdebranco.

Ampliar »

O Iberia incorpora a Pelayo e a Dani Prieto

Pelayo, cando vestía a camiseta do Viveiro CF

 O Iberia CF continúa paseniño montando o equipo da próxima tempada na Primeira Autonómica de Lugo, lonxe da marexada que se vive no occidente da Mariña, con moitos cambios de adestradores, futbolistas e proxectos.

Ampliar »

Quince baixas obrigan ó Páramo a reinventarse

Unha aliñación do Páramo a pasada tempada

 A SD O Páramo, que a próxima campaña volverá a competir na Primeira Autonómica de Lugo da man de Alberto Engroba, viviu unha profunda remodelación deportiva nas súas filas neste verán. Quince dos seus 22 xogadores abandonaron o plantel, aínda que a entidade branca xa conta con 14 caras novas. En total, o cadro paramés fixo 29 movementos de entrada …

Ampliar »

A Preferente xa ten calendario

Benjamín Anido sorteando os calendarios do fútbol base galego

 A Preferente Norte Galega, categoría na que militarán 6 equipos lucenses, xa coñece o seu calendario para a vindeira campaña. A competición comezará o 31 de agosto e finalizará o 24 de maio de 2015.

Ampliar »

A SD Burela endereza o rumbo

Julio Cayón, un dos referentes do Burela

  Tra-lo convulso verán vivido en Burela, coa marcha da anterior xunta directiva encabezada por José Luís Pernas Ratoeira, e a falta de relevo para dirixir o club, finalmente un grupo de futbolistas veteranos da entidade verde sentou as bases deportivas para o novo proxecto na Primeira Autonómica de Lugo.

Ampliar »

San Ciprián: xuventude ao poder

Os futbolistas do San Ciprián celebrando un gol

 Chusky liderará o proxecto do San Ciprián na Primeira Autonómica de Lugo tras ascender a pasada campaña logo dunha tempada inmellorable. O equipo mariñán, cun gran traballo de canteira detrás, agarda asentarse na categoría con só dúas incorporacións con respecto ó último curso. Chegan ó equipo cervense dous futbolistas moi novos. Son Miguel, procedente do conxunto xuvenil do Viveiro CF, …

Ampliar »