Sábado , 22 Julio 2017

Tag Archives: Iberia

O Iberia de Nico xa está en marcha

Sesión adestramento Iberia 2015/2016

 Nicolás Veiga, Nico, xa tivo a primeira toma de contacto co seu plantel, afronta un novo reto no Iberia, un dos clubs históricos da provincia, que a tempada pasada non puido manter a categoría e caeu á Segunda Autonómica. Para afrontar este novo desafio, o Iberia xa ten confirmadas varias incorporacións, Bruzos (Valadouro) e David Seijo (SD Ribadeo) chegan para …

Ampliar »

O Pastoricense sentencia a un Iberia sen sorte

 Pastoricense e Iberia disputaron no Acebreiro un encontro con escasa intensidade, no que os locais estiveron máis atinados cara o gol e levaron os tres puntos ante un Iberia con escasa sorte nos últimos metros. Coa derrota, o Iberia queda a 9 puntos da virtual permanencia con 12 por xogarse. Aínda que o Pastoricense saiu con máis forza no primeiro …

Ampliar »

A Milagrosa non erra ante o Iberia

 A Milagrosa venceu por 1-3 nas Valgas ao Iberia nun encontro no que os capitalinos foron mellores no primeiro tempo e os mariñáns dominaron no segundo. Aos 7 minutos Luís Díaz abría o marcador para os albivermellos cun disparo cruzado, que en base ao fútbol en longo crearon moito perigo. O Iberia, gafado cas lesións, tivo que facer 3 trocos …

Ampliar »

Nica salva ao Becerreá da goleada e dalle os 3 puntos

 O Iberia estrelouse durante os 90 minutos cun inconmensurable Nica, que salvou ao Becerreá dunha goleada e enviou os 3 puntos cara a Montaña. O Iberia controlou por completo o encontro, e tivo ata 8 ocasións claras para inaugurar o marcador, pero entre o desacerto nos últimos metros e un gran Nica, os primeiros 45 minutos remataron con empate sen …

Ampliar »

O Xove-Lago deixa ao Iberia contra as cordas

 O Xove-Lago impúxose con claridade por 5-1 ao Iberia no derbi mariñán e deixa ao cadro branquiazul contra as cordas na Primeira Autonómica. Os locais comezaron o encontro cunha total superioridade e Luís Varela adiantou aos seus aos 2 minutos cun tanto protestado por un posible fóra de xogo. Pouco despois Oli faría o segundo e Álex Meitín o terceiro ao rematar de cabeza …

Ampliar »

Iberia e Monterroso reparten puntos no medio da tensión do descenso

 Nun match-ball pola permanencia, Iberia e Monterroso asinaron taboas tras 90 minutos con moitos nervios e alternativas e no que ningún dos dous equipos quedou conforme coa actuación do colexiado, Vázquez Valín. Co vento a favor na primeira metade o Monterroso arrinconou ao Iberia no seu campo, pero sen demasiadas oportunidades claras. Sería Lorenzo aos 13 minutos cun gol olímpico moi …

Ampliar »

O San Ciprián estrea a Veiga do mellor xeito

 O San Ciprián impúxose por 3-0 ao Iberia nun encontro máis igualado do que di o marcador. O cadro azulón disputou o primeiro encontro do campionato no seu campo, ao que lle instalaron céspede artificial. Na primeira metade o encontro estivo moi parello. Os locais levaron perigo con accións á contra e o Iberia, con maior posesión, enviou un balón …

Ampliar »

O Outeiro súa para vencer nas Valgas

 O Iberia vendeu moi cara a súa pel ante o Outeiro, que se impuxo pola mínima cun gol de Diego á contra a falta de 10 minutos. Nunha primeira metade moi igualada, con ambos equipos tanteándose, as mellores oportunidades foron dous man a man dos futbolistas locais ante Diego, que non atinaron a marcar. Na segunda metade o Outeiro comezou mellor, pero unha falta …

Ampliar »

O Lemos non erra e afianza o seu liderato

 O Club Lemos afiánzase no máis alto da Primeira Autonómica tras vencer ó Iberia por 2-1 e aproveitar o tropezo do Outeiro ante o Páramo. Os de Martín Murado tiveron que agardar á segunda metade para abrir a lata ante o Iberia, que pese a que é o cerraportelos da clasificación, vendeu moi cara a súa derrota. Nos primeiros 45 …

Ampliar »

O Polvorín acada a 3ª victoria consecutiva ante un rival directo

 O Polvorín conseguiu a terceira victoria consecutiva tras impoñerse por 3-1 ó Iberia, nun encontro no que os visitantes levaron o dominio e os locais o perigo. Adiantáronse os amarelos por medio de Corbelle, que aproveitou unha aplicación da lei da vantaxe aplicada polo colexiado e moi protestada polos visitantes para facer o 1-0. O Iberia reacionou e pasou a …

Ampliar »