Sábado , 22 Julio 2017

Tag Archives: Milagrosa

A Milagrosa lanza unha campaña de captación para a súa escola feminina

cartel xornadas milagrosa

 A Milagrosa ven de anunciar o lanzamento dunha campaña de captación de xogadoras para a súa escola feminina de cara a tempada 2015/2016. O club busca xogadoras para as idades de base e tamén para o conxunto sénior. Esta iniciativa busca convidar a rapazas de todas as idades a coñecer o mundo do fútbol e en particular a coñecer o …

Ampliar »

A Preferente xa ten calendario

Castro vs Viveiro

 A Rexional Preferente, recentemente renomeada como Preferente Galicia, xa ten definido o seu calendario, a competición dará comezo o 23 de agosto e nela participarán seis conxuntos lucenses. Na primeira xornada a sorte deparou os seguintes encontros para os nosos representantes: Chantada vs Xallas Santa Comba Castro vs Laracha Viveiro vs Arzúa O Val vs Lemos Arteixo vs Sarriana Milagrosa …

Ampliar »

A Copa Deputación de Lugo xa ten sedes para todas as finais

 A Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo anunciou este mércores as sedes das finais da Copa Deputación de Lugo no ano 2015. O campo das Valgas, en San Miguel de Reinante (Barreiros), acollerá a final da competición para equipos de Preferente e Primeira Autonómica entre Viveiro CF e CD Castro. Pola súa banda, o campo do Acebreiro (A Pastoriza), albergará …

Ampliar »

A Milagrosa xa é de Preferente e o Lemos campión de liga

 A SCD Milagrosa impúxose por 0-1 ao Outeiro e certifica así o seu ascenso á Preferente Autonómica a falta dunha xornada para o final de Liga. O equipo de Madriles, nun partido moi igualado, impúxose cun solitario tanto de Carlitos ao final da primeira metade nunha boa contra dos albivermellos. O meta capitalino Tomás, na segunda metade, foi o protagonista …

Ampliar »

A Milagrosa ten na man o ascenso tras o traspés do Outeiro

 A Milagrosa ten o ascenso á Preferente Norte na súa man. O equipo de Madriles impúxose por 2-1 no López Gorgoso ao Lemos e aprazou o alirón dos brancos. O cadro albivermello remontou o tanto inicial de Hugo con goles de Alberte e Carlitos na segunda metade para facerse cun partido con moita tensión e pouco fútbol. A Milagrosa aproveitou …

Ampliar »

O Polvorín vence o derbi da capital e complícalle o ascenso á Milagrosa

 Un solitario gol de Joni ao final da primeira metade deulle, contra pronóstico, os tres puntos ao Polvorín ante a Milagrosa no derbi capitalino do López Gorgoso. Comezou mellor o equipo local, que tivo nos primeiros compases vaias chegadas claras, incluso unha delas enviada ao longueiro. Ao final do primeiro tempo Joni atopouse cun balón na área e tras un remate en …

Ampliar »

A Milagrosa non erra ante o Iberia

 A Milagrosa venceu por 1-3 nas Valgas ao Iberia nun encontro no que os capitalinos foron mellores no primeiro tempo e os mariñáns dominaron no segundo. Aos 7 minutos Luís Díaz abría o marcador para os albivermellos cun disparo cruzado, que en base ao fútbol en longo crearon moito perigo. O Iberia, gafado cas lesións, tivo que facer 3 trocos …

Ampliar »

O Muimenta tuteou unha parte á Milagrosa

 A Milagrosa impúxose por 0-3 ao Muimenta no Pichón nun partido moi disputado ata que os visitantes fixeron o primeiro tanto, á beira do descanso. Os locais tiveron as súas oportunidades máis claras na primeira media hora de encontro. Cascudo obribou a Tomás a facer unha boa intervención aos 2 minutos e os celestes, controlando as segundas xogadas no medio do campo, foron mellores …

Ampliar »

A Milagrosa aproveita a seca do Valadouro

 A Milagrosa impúxose por 0-2 na súa visita ao Árbol ante un Valadouro que encadea a cuarta xornada sen marcar. O encontro estivo moi igualado nos primeiros 45 minutos, con escasas oportunidades e moito fútbol en longo no que as defensas se impuxeron aos ataques. Na ranudación Michi aproveitou aos 63 minutos unha xogada illada tras un rexeite da zaga local …

Ampliar »

A Milagrosa gaña de penalti nos intres finais

 A Milagrosa sufriu para vencer no López Gorgoso ao Bóveda. Os de Madriles venceron cun tanto de penalti de Luís Díaz a catro minutos do final. Sobre o papel, presentábase un partido cómodo para a Milagrosa, pero o Bóveda, moi pelexón os 90 minutos, non deu o seu brazo a torcer ata o pitido final. Adiantáronse os locais tras un …

Ampliar »