Sábado , 22 Julio 2017

Tag Archives: Outeiro

A Milagrosa xa é de Preferente e o Lemos campión de liga

 A SCD Milagrosa impúxose por 0-1 ao Outeiro e certifica así o seu ascenso á Preferente Autonómica a falta dunha xornada para o final de Liga. O equipo de Madriles, nun partido moi igualado, impúxose cun solitario tanto de Carlitos ao final da primeira metade nunha boa contra dos albivermellos. O meta capitalino Tomás, na segunda metade, foi o protagonista …

Ampliar »

A Milagrosa ten na man o ascenso tras o traspés do Outeiro

 A Milagrosa ten o ascenso á Preferente Norte na súa man. O equipo de Madriles impúxose por 2-1 no López Gorgoso ao Lemos e aprazou o alirón dos brancos. O cadro albivermello remontou o tanto inicial de Hugo con goles de Alberte e Carlitos na segunda metade para facerse cun partido con moita tensión e pouco fútbol. A Milagrosa aproveitou …

Ampliar »

O Outeiro vence en Xove e reengánchase á pelexa

 O Outeiro levouse os tres puntos do feudo do Xove-Lago nun encontro tolo no primeiro tempo e máis controlado polos visitantes na segunda metade, sobre todo despois da expulsión de Esteban. Ao comezo do encontro Diego Seijas e Diego López estrelaron dous balóns no pau da meta de Hugo. Diego Chao respondeu na área rival, nun balón que se atopou …

Ampliar »

O Monterroso afasta ao Outeiro da Preferente

 O Monterroso deu a sorpresa da xornada en Outeiro ao impoñerse ao cadro de Roberto Rielo por 0-2 e deixar aos azulóns case rematados na súa pelexa polo ascenso á Preferente. O Outeiro saiu mellor nos primeiros minutos do encontro, pero o Monterroso conseguiu defenderse con orde. O encontro foise nivelando e os visitantes tiveron dúas chegadas perigosas antes do descanso. O cadro azulón tamén puido …

Ampliar »

O Outeiro sofre para vencer en Burela

 Os afeccionados que chegaron un cuarto de hora tarde á Marosa non puideron ver goles. Nos primeiros quince minutos acabou por decidirse o encontro entre Burela e Ribadeo, a pesar de que houbo alternativas durante os 90. Adiantáronse os locais, aos 9 minutos cunha boa xogada que culminou Adrián Maseda. Acto seguido, empatou o Outeiro por medio de Márquez, ao recoller un segundo …

Ampliar »

O Club Lemos empata en Outeiro e encarrila o ascenso

 Outeiro e Club Lemos empataron a un gol no Municipal nun partido caracterizado polo fútbol directo e a igualdade sobre o terreo de xogo. Na primeira metade adiantouse o Outeiro aos 4 minutos cun disparo cruzado de Diego López tras un un contra un. Aos 17 minutos igualou Núñez tras aproveitar unha falta lateral peinada por un defensa no primeiro pau. O …

Ampliar »

A. Pérez (Lemos): “Los árbitros son como hijos, si se portan mal hay que darles un coscorrón para enseñarlos”

 O presidente do Lemos, Antonio Pérez, volveu á carga co acontecido no Lemos – Outeiro da primeira volta tras coñecerse a súa sanción de 84 euros e 3 meses de inhabilitación. O máximo mandatario monfortino sinalou na edición de Monforte de La Voz de Galicia que “yo no agredí al árbitro, para mi es como un hijo, y a estos …

Ampliar »

O Outeiro chama á deportividade tras reabrirse de novo a polémica co Lemos

 O presidente da SD Outeiro de Rei, Jesús Yebra, quixo facer un chamamento á calma e á deportividade no encontro que se xogará o próximo domingo no Municipal de Outeiro entre o cadro local e o Club Lemos. O máximo mandatario chairego quixo saír así ao paso das declaracións do presidente do Lemos, Antonio Pérez, nas que esixía disculpas ao …

Ampliar »

A agresión ao colexiado saelle ao presidente do Lemos por 84 euros

 A agresión do presidente do Lemos, Antonio Pérez, a Juan Salgado Paz, colexiado do encontro entre os monfortinos e o Outeiro da primeira volta, reflectida no anexo á acta do encontro e ratificada esta versión publicamente por un futbolista do cadro chairego, sáldase finalmente cunha multa de 80 euros ao presidente da entidade branca. Na reunión do Comité de Competición celebrada …

Ampliar »

O Outeiro vence en Taboada nun encontro parello

 O Outeiro levou os 3 puntos da Medela tras impoñerse por 1-2 ao Taboada nun encontro que decidiu Márquez ao aproveitar unha concesión defensiva dos branquiazuis. Comezou o encontro cun Outeiro deixándolle a iniciativa ao Taboada e cun posicionamento no terreo de xogo un tanto repregado. Os de Roberto Rielo aproveitaron a velocidade de Diego Seijas e de Márquez para …

Ampliar »