lunes , 25 septiembre 2017

Tag Archives: preferente norte

A Preferente xa ten calendario

Castro vs Viveiro

 A Rexional Preferente, recentemente renomeada como Preferente Galicia, xa ten definido o seu calendario, a competición dará comezo o 23 de agosto e nela participarán seis conxuntos lucenses. Na primeira xornada a sorte deparou os seguintes encontros para os nosos representantes: Chantada vs Xallas Santa Comba Castro vs Laracha Viveiro vs Arzúa O Val vs Lemos Arteixo vs Sarriana Milagrosa …

Ampliar »

O concello de Monforte explicita as débedas do Club Lemos co consistorio

 O Club Lemos adebédalle o aluguer das instalacións deportivas municipais de Monforte ao concello dende finais de 2013, segundo unha comunicación dos xestores locais da que se fai eco La Voz de Galicia. En concreto, do 2013 o Lemos adebeda as cuotas de outubro, novembro e decembro, e un 20% de recargo polo retraso no pago. En total suman 1.198,79 …

Ampliar »

A SD Chantada finaliza a campaña con 815 euros de superávit

 A xunta directiva da SD Chantada, comandada por José Antonio Méndez, presentou este martes aos socios do club as contas da campaña 2014-2015, nas que a entidade vermella rematou o exercicio con 815 euros de superávit. Segundo o propio Méndez, a nivel económico o club leva os dous últimos anos cun superávit, aínda que se lamentou de que na campaña …

Ampliar »

Dimite a directiva do Club Lemos

 A actual xunta directiva do Club Lemos, comandada por Antonio Pérez, comunicoulle ao plantel de futbolistas da entidade branca que abandonará o club. Segundo fontes próximas á entidade lemista, os desencadeantes da actual situación son os problemas económicos motivados por débedas da pasada tempada e a falta de sintonía co concello de Monforte. O Lemos xa comezara os contactos de cara …

Ampliar »

O Monterroso sálvase, o Cabreiros baixa e o Sagrado Corazón está nas mans da Residencia

 Tra-la última xornada do campionato na Primeira Autonómica de Lugo, a SD Monterroso, que non saíra dos postos de descenso en toda a competición, venceu ao Sagrado Corazón por 0-2 e conseguiu a permanencia na Primeira Autonómica. Os de Josito impuxéronse con tantos de Diego aos 10 minutos dende o punto de penalti e de Lorenzo cando esmorecía o partido …

Ampliar »

O Sagrado Corazón – Monterroso será chave para o descenso en Primeira

 O descenso na Primeira Autonómica decidirase na última xornada da competición, e dependerá do que sexan quen de facer os representantes lucenses na Preferente Norte. O Sagrado Corazón deixouse dous puntos en San Ciprián (1-1) e métese de cheo na pelexa por evitar o descenso. Xogarase todo a cara ou cruz a próxima fin de semana nas Gándaras ante o …

Ampliar »

A Sarriana destitúe a Fiz Rodríguez para confiar a súa sorte a Charlie

Fiz Rodríguez durante un encontro

 Tra-la derrota no derbi ante a SD Chantada por 2-0, a directiva da Sarriana decidiu destituir a Fiz Rodríguez como preparador do primeiro equipo branco. Substituirá ao adestrador chairego Charlie, exadestrador do Rácing Vilalbés. Segundo puido saber futbollucense.com, a destitución de Fiz Rodríguez responde a unha tentativa de cambio da dinámica no equipo. Restan 8 xornadas para que remate o …

Ampliar »

Jorge Rodríguez, salto de calidade para a defensa do Escairón

 O Escairón reforza a súa defensa cun nome sobranceiro do fútbol galego. O central con raíces no Saviñao de 34 anos, Jorge Rodríguez, recala no cadro azulón para o que resta de tempada na Preferente Autonómica Norte. Jorge Rodríguez xogou a pasada tempada na Segunda División B na SD Compostela, equipo co que disputou 5 encontros ao final do campionato, …

Ampliar »

Alberto Suárez asina pola Sarriana

 O centrocampista formado na canteira do CD Lugo, Alberto Suárez, é novo xogador da Sarriana tras rescindir contrato co Cultural Areas da Terceira galega. O xogador lucense de 21 anos recala no fútbol provincial baixando unha categoría para tentar salvar do descenso a Primeira Autonómica ó equipo de Sarria.  Alberto Suárez era dos futbolistas con menos minutos no Areas de …

Ampliar »

A Sarriana rescata un punto en Riveira nun partido tolo

 A Sarriana arrancou un punto da súa visita a Riveira tras adiantarse ó comezo do encontro por medio de Chavea, e logo igualar en 3 ocasións a vantaxe dos locais. Nun encontro moi aberto e atractivo para o espectador Fran e Diego puxeron por diante aos coruñeses, pero Iago antes do descanso igualaría a 2. Na segunda metade Diego fixo …

Ampliar »