lunes , 25 septiembre 2017

Tag Archives: riotorto

O Riotorto remonta e leva os tres puntos da Lomba

Meira vs SD Guitiriz

 Xornada positiva para o Riotorto, o conxunto de Labrada venceu en Meira e iguala co Lourenzá tras a derrota deste ante o Foz. O Meira comezou o choque ben plantado e mostrouse moi práctico, tivo un par de aproximacións e apenas sufría apuros na súa retagarda. Co cuarto de hora cumprido unha boa xogada de Iván, Pablo e Juan ía …

Ampliar »

O Riotorto vence á Candelaria e continúa terceiro

lourenzá vs riotorto

 Unha vez máis o estado da Veiga marcou o desenvolvemento do encontro, o Riotorto conseguiu quedar con tres importantes puntos que o manteñen vivo na loita polo ascenso mentres a Candelaria segue na zona media da táboa. Unha xogada individual de Cristian finalizada polo mesmo cun lanzamento dende a frontal da área ía poñer por diante ó Riotorto cando aínda …

Ampliar »

O Lourenzá recupera postos de ascenso tras vencer en Riotorto

sd guitiriz vs xermade

 A pelexa polo ascenso na Segunda Autonómica Norte segue a deparar alternativas xornada tras xornada, a victoria do Santaballés consolidao na primeira posición mentres o Lourenzá recupera a segunda praza en detrimento do Riotorto. O encontro da xornada medía a Riotorto e Lourenzá, o resultado do mesmo definiría quen remataría a xornada en postos de ascenso. Un solitario tanto de …

Ampliar »

O Santaballés dá un paso de xigante en Foz

Xermade vs Mondoñedo

 A xornada na Segunda Autonómica Norte deixou interesantes novidades, tanto na parte alta como na baixa se produciron resultados que poden marcar a tempada. O Santaballés gañou cun contundente 0-3 en Foz, conxunto que chegaba en 3ª posición. O marcador foi rotundo aínda que o Foz tivo as súas opcións no comezo do encontro e tamén co resultado xa moi …

Ampliar »

Chungy guía ó Xermade ante o Riotorto

xermade vs santaballés

 Dous tantos do dianteiro do Xermade, Chungy foron demasiado lastre para un Riotorto que perde a primeira posición tras esta derrota. O Xermade realizou un encontro moi serio e baseado nunha gran labor defensiva e cun gran despregue no medio do campo conseguiu maniatar a un Riotorto que tivo moitos problemas para xerar perigo. Dúas accións persoais de Chungy no …

Ampliar »

Riotorto e Cospeito asinan táboas nunha Veiga impracticable

A Veiga (Riotorto)

 O líder Riotorto igualou ante o Cospeito nun encontro condicionado polo estado do terreo de xogo. O encontro foi moi intenso e en moitos tramos de ida e volta, pronto tivo unha boa opción Jairo para o Cospeito pero nin no seu primeiro remate nin no posterior rexeite foi quen de superar a Carlos. Jairo foi o maior perigo do …

Ampliar »

O Riotorto é máis líder tras vencer ó Alfoz

abadín vs riotorto

 O Riotorto é un pouco máis líder logo de vencer ó Alfoz e aproveitar os empates de Santaballés e Lourenzá. O Riotorto controlou o encontro na primeira metade e apenas pasaron apuros, unha xogada a balón parado ía abrir o marcador, Lourido adiantaba ós locais á media hora de xogo. Pouco antes do descanso un bo servizo de Carlos era …

Ampliar »

O Riotorto venceu pola mínima en Abadín

mondoñedo vs riotorto

 O conxunto de Labrada sumou a súa novena victoria consecutiva tras impoñerse pola mínima en Abadín. O encontro careceu de grandes ocasións e ía decidirse cun tanto de Martín dende o punto de penalti, aínda non se chegara ós dez minutos de xogo é o líder xa estaba por diante no marcador. Nesta primeira metade dentro da igualdade e das …

Ampliar »

O Riotorto mantense firme e vence ó Sacido

Riotorto en Goiriz

 O Riotorto segue firme no máis alto da Segunda Autonómica Norte, o conxunto de Labrada venceu por 2-1 ó Sacido. Un comezo soñado do Riotorto colocouno con dous a cero no marcador no comezo do encontro, un tanto de Edgar en propia porta e o segundo de Iván Seco, poñían moita terra de por medio no marcador. Os locais seguiron …

Ampliar »

O Riotorto sae máis líder de Mondoñedo

mondoñedo vs riotorto

 Un gol de Roberto Carlos no comezo do encontro foi suficiente para o Riotorto na súa visita a Mondoñedo. Cando ambos equipos se asentaban no terreo de xogo, Roberto Carlos lograba adiantar ó Riotorto. O gol condicionou o encontro e ante o intento dos locais por buscar a igualada os de Labrada buscaban saír en perigosas contras. No último tramo …

Ampliar »