sábado , 21 octubre 2017

Tag Archives: riotorto

O Riotorto levou o derbi

Riotorto en Goiriz

 O derbi entre Riotorto e Pontenova quedou na casa grazas a un gol de Martín nos últimos minutos. O encontro foi típico dun derbi e deixou unha primeira metade de moita loita e igualdade sen casi ocasións de gol claras para ningún conxunto aínda que os locais tiveron o control do choque e probaron en varias ocasións a Rubenón. Os …

Ampliar »

A Quiniela de Lourido (Riotorto)

Lourido (Riotorto)

 A quiniela de Lourido, xogador e capitán do Riotorto, club no que suma xa dezaseis tempadas, cóntanos as súas impresións e pronósticos para a 10ª xornada na Segunda Autonómica Norte. “Creo que vai ser unha xornada marcada polo dominio dos equipos locais, visto o que levamos de tempada, de feito os equipos da zona alta xogan na casa, pero sempre …

Ampliar »

O Riotorto confírmase no máis alto

Santaballés vs Goiriz

 O Goiriz que tras firmar un extraordinario comezo de campeonato suma 3 derrotas consecutivas, disputou posiblemente o peor partido no que vai de tempada, mal día para recibir ó Riotorto, líder da competición. Moi pronto Christian poñía por diante aos de Labrada e pouco antes da media hora de xogo, Jesús Pablo poñía un claro 0-2 no marcador. Cando a …

Ampliar »

O Rioaveso non competirá a próxima tempada

Celebración do ascenso a Primeria Autonómica do Rioaveso

  Era un dos exemplos do fútbol provincial. A esencia do que foi o fútbol na provincia nos anos 80, con equipos espallados por cada parroquia que levaban o deporte rei a campos nos que o domingo rodaba o balón, e pola semana alimentaban o gando. Era aquel fútbol romántico que tivo que ir cedendo paso a xestións e entidades …

Ampliar »

O Abadín buscará a permanencia con Óscar Pol como bandeira

Óscar Pol nun partido coa Residencia

  O Abadín retorna a Segunda Autonómica logo de competir as últimas campañas na Terceira categoría rexional lucense. O conxunto chairego apostará pola continuidade do seu plantel de futbolistas coa única novidade ata o momento de Óscar Pol nunha escadra que dirixirá unha campaña máis Pereira.

Ampliar »

A selección provincial que se medirá ó Lugo no seu estreo xa ten convocatoria

Panorámica do campo da Veiga, en Riotorto

 A selección provincial, formada na súa maioría por futbolistas de Terceira División e Preferente, xa ten a lista dos 23 homes que defenderán a súa camisola enfrontándose ó CD Lugo no primeiro encontro de pretempada do cadro de Quique Setién.

Ampliar »

Ramón Labrada preparará ó Riotorto CF a próxima campaña

Labrada adestrará ó Riotorto

 Tra-la marcha de Kubala cara a SD Muimenta, o Riotorto CF comeza os cementos do proxecto da vindeira campaña na Segunda Autonómica Norte. O conxunto vermello incorporará como máximo responsable do seu corpo técnico a Ramón Labrada.

Ampliar »

O Muimenta muda o seu banco tras conquerir Miranda a permanencia

Kubala novo técnico do Muimenta

 Tras conquerir a permanecia na Primeira Autonómica logo de ascender a pasada campaña, a SD Muimenta reestrutura o seu organigrama. O club celeste decidiu que o adestrador pontenovés, José Manuel Miranda, non continuase á fronte do equipo.

Ampliar »