sábado , 21 octubre 2017

Tag Archives: Sagrado Corazón

Borja dalle os 3 puntos ao S. Corazón 2 meses despois

 Bóveda e Sagrado Corazón, conscientes do que se xogaban no envite, protagonizaron un choque no Hermanos Somoza caracterizado pola igualdade. O debut de Mourelos no puido ser mellor para o Sagrado Corazón. Tras 8 xornadas sen gañar, os capitalinos conseguiron impoñerse por 0-1 cun tanto de Borja a falta de 10 minutos para o final do partido. Antes, o encontro estivo igualado, …

Ampliar »

Mourelos substitúe a Rubén Barrios, cesado no Sagrado Corazón

 Dous meses sen gañar botaron por terra o proxecto de Rubén Barrios no Sagrado Corazón. A directiva do club branquiazul decidiu mudar de aires no banco tras os malos resultados das últimas xornadas e logo de que o equipo caese a postos perigosos. Manuel Mourelos xa dirixiu o primeiro adestramento do equipo este xoves nas Gándaras. Segundo o propio Rubén …

Ampliar »

A sociedade Farra – Iñaki guía a unha UD Pastoricense sólida

 Un Pastoricense moi sólido impúxose por 0-2 ao Sagrado Corazón nas Gándaras grazas a dous tantos de Farra logo de dúas asistencias de Iñaki, que lle puxo o balón franco ao ariete branco tras dúas excelentes xogadas persoais. O Pastoricense conseguiu reafirmar o seu bo comezo da segunda volta, na que suma 11 puntos de 15 posibles, no feudo dun …

Ampliar »

A Milagrosa non dá opción ó Sagrado Corazón

 A Milagrosa resolveu o derbi da capital ante o Sagrado Corazón nun primeiro tempo espectacular dos de Madriles ante un desaparecido conxunto visitante. Á media hora a Milagrosa vencía 3-0 cos tantos de Carlitos, tras rematar un bo servizo no segundo pau, e Bruno en dúas ocasións. A fichaxe de inverno do cadro milagrosista aproveitou un rexeite de García para …

Ampliar »

Dous goles de Jaime sérvenlle ó Burela para remontar

 Dous tantos de Jaime na segunda metade serviron para que o Burela remontase e se levase os tres puntos ante o Sagrado Corazón nunha tarde sobranceira para os locais, na que presentaron todos os seus equipos de base, vivíndose un gran ambiente nas Gándaras. Comezou ben o encontro para os branquiazuis, que se adiantaron aos 5 minutos cun gol en propia meta de Cris tras un saque …

Ampliar »

O Monterroso vence no medio da tolemia en Cerdeiriños

 O Monterroso comeza o ano con bo pé para tentar sair da zona baixa da Primeira Autonómica. Os de Josito impuxéronse por 3-1 ó Sagrado Corazón nun partido tolo, cun gol local na primeira xogada do partido e con tres expulsados no bando visitante. Case non pitara o inicio o colexiado e Héctor xa fixera o primeiro tanto do partido, …

Ampliar »

A falta de puntería condena a Sagrado Corazón e San Ciprián

 Sagrado Corazón e San Ciprián disputaron nas Gándaras un partido de poder a poder, no que ambas escadras non estiveron atinadas co gol pese a gozar de varias oportunidades. Na primeira metade estivo mellor o cadro capitalino, con maior dominio do xogo, aínda que sen demasiada claridade. A lesión de Anido aos 5 minutos foi a nota negativa dun encontro que no primeiro acto …

Ampliar »

O Outeiro achégase ó ascenso tras vencer ó Sagrado Corazón

 O Outeiro impúxose con merecemento ao Sagrado Corazón por 3-0 nun partido no que os locais foron superiores en todo momento. Tras dúas chegadas claras dos de Roberto Rielo e unha a balón parado dos visitantes, Juan Carlos aproveitaba un rexeite dun córner para cun empalme dende fóra da área de primeiras facer o 1-0. Na reanudación pese a cambiar o debuxo, o Sagrado …

Ampliar »

Pisos noquea ó Lemos

 O Sagrado Corazón impúxose por 2-0 ó Lemos nun partido de moita pelexa física no que os locais, coas cousas máis claras, conseguiron levar o partido con 2 tantos de Pisos na segunda metade. O Lemos, grazas ó poderío físico dos seus futbolistas, foi gañando metros no terreo de xogo segundo pasaron os minutos ao facerse coas disputas e as segundas xogadas, aínda que …

Ampliar »

Romy (Sagrado Corazón): “Estamos competindo ata con 10 baixas”

 Adrián Regueiro, Romy, está a seer un dos homes destacados do Sagrado Corazón, que encadea 3 victorias consecutivas na Primeira Autonómica e mira cara a zona alta da clasificación. Conversamos co que foi un dos máximos goleadores do #futbollucense nas últimas campañas, que encetou esta tempada unha nova xeira no Sagrado Corazón. Tras un comezo titubeante, encadeades tres victorias que …

Ampliar »